Skip to Content

1º e 2º de Educación Primaria

NIN UN BIQUIÑO Á FORZA

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e os nenos de primeiro de primaria, dirixidos pola súa profe Lorena, gravaron un vídeo sobre esta temática. Porque a erradicación da violencia comeza na infancia. Nin un biquiño a forza!!

Premento na imaxe podedes acceder ó vídeo.

VIDEO SOBRE O XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL DO ALUMNADO DE 2º DE EP

O CEIP de Quiroga segue a traballar co Xeoparque Montañas de Courel. Nesta ocasión son as alumnas e alumnos de 2º de EP, dirixidos pola súa mestra Ana Isabel, os que nos demostran todo o que saben sobre o noso territorio. Grazas a profe Belén que gravou, editou e publicou o video. Esperamos que vos guste!!

https://youtu.be/dRQ6X9G0fJY

VIDEO

SAÍDA A FROXÁN DE 1º E 2º DE EP (28/10/2019)

Seguimos explorando o territorio do Xeoparque Montañas do Courel. Hoxe o alumnado de primeiro e segundo de primaria, acompañados das mestras Ana Isabel, Vania e Lorena visitaron a aldea paleozoica de Froxán , unha caleira en Vilar, a Ferrería de Seoane e a oficina de turismo de Folgoso de Courel. Foron acompañados por Guillermo Díaz Aira, quen os guiou e ilustrou coas súas explicacións!!

O desexo do gato Klops

Picando na seguinte imaxe podemos ver as fotos da visita de Estefanía Padullés:

Actividades no 1º ciclo:

Podedes ver en imaxes algúns dos traballos realizados na primeira avaliación: no Samaín, no magosto e na saída a CAURU, premendo aquí.


Para ver os traballos realizados no segundo trimestre podedes premer aquí. Están relacionados co Día da Paz, o Ano novo chinés e o Entroido.

CONSELLOS PARA AS FAMILIAS DE 1º CICLO SOBRE LECTURA

O primeiro ciclo de Educación Primaria é un momento crucial para consolidar a aprendizaxe da lectura e formar hábitos lectores entre o alumnado. Neste proceso a colaboración familiar é fundamental, por iso, dende o Departamento de Orientación elaboramos unha serie de orientacións que pretenden axudar as familias nesta tarefa.

                         ACCEDE Á CIRCULAR SOBRE LECTURA

XORNADA DE ACOLLIDA DUNHA ALUMNA PROCEDENTE DE MARROCOS

O pasado mércores 20 de Xaneiro incorporouse ao centro e ao 1º curso de Educación Primaria unha nena procedente de Marrocos que descoñece as dúas linguas oficiais da nosa comunidade. Na xornada de acollida o Departamento de Orientación e a titora do 1º curso traballaron cos nenos e nenas a través de xogos cooperativos, unha presentación de Powerpoint (á que podedes acceder máis abaixo) sobre Marrocos e a cultura árabe que logo permitiu facer murais sobre todo o que se aprendeu.

 

 

ACCEDE Á PRESENTACIÓN

 
              

 

 

              

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut