Skip to Content

23 de abril: Día Internacional do Libro

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro e na celebración deste ano conflúen dous acontecementos memorables: a conmemoración da morte de Miguel de Cervantes e o IV Centenario da edición da súa obra máis universal, Don Quijote de la Mancha, a primeira gran novela da historia.

Hai 400 anos, en 1605 publicouse a primeira edición de "O enxeñoso Fidalgo Don Quijote de la Mancha".

Ao longo destes catro séculos realizáronse máis de 2.500 edicións en 50 idiomas distintos. É un momento perfecto para que coñezamos mellor ao "Cabaleiro da Triste Figura" e as aventuras que iniciou naquel lugar da Mancha.

É en España onde se decide celebrar por primeira vez o Día do Libro en 1926. Logo en 1995 a Conferencia Xeral da UNESCO aproba por unanimidade proclamar o día 23 de abril como "Día Mundial do Libro" co obxecto de difundir e promover o gusto pola lectura.

Neste día, regálanse libros e rosas, as rúas inúndanse de libros e realízanse todo tipo de actos para fomentar a lectura de libros.

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut