Skip to Content

Animación á lectura

XORNADA: ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA

AGORA COMPROBA OS TEUS COÑECEMENTOS XOGANDO ...

23 de abril: Día Internacional do Libro

Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro e na celebración deste ano conflúen dous acontecementos memorables: a conmemoración da morte de Miguel de Cervantes e o IV Centenario da edición da súa obra máis universal, Don 

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Neste curso 2014-2015 celebramos o Día Mundial do Teatro lendo a obra "Velaí vai o papaventos" de Celia Díaz Núñez. Despois, a autora falounos da súa etapa en Quiroga e fixo unha presentación da súa obra.

Deixamos o enlace ao facebook da obra: https://www.facebook.com/pages/Velaivaiopapaventos/1425301621064636

 

Podedes ver as fotos picando nas seguintes imaxes:

Semana da Prensa

Durante a semana do 9 ao 13 de marzo conmemoramos no noso centro a Semana da Prensa. Aqui deixamos unha imaxe da exposición de xornais realizada na biblioteca.

Raquel Queizás, actriz e contacontos

O pasado martes 10 de marzo contamos coa presenza de Raquel Queizás, actriz e contacontos galega, no papel de Dulcinea do Toboso, na representación da segunda parte de Don Quixote. Con motivo do cuarto centenario da súa publicación. Aquí deixamos unha selección de fotografías de dito evento:

Exposición "A pintura no Espazo"

No corredor que leva á Biblioteca escolar hai unha exposición de cadros de arte relacionados co Espazo e o Universo. Entre eles destacamos os de Joan Miró e Vincent van Gogh. Podédelos ver premendo na seguinte imaxe:

ASTRONAUTAS POR UN DÍA

O s nenos e nenas do CEIP de Quiroga convertéronse en "Astronautas por un día". Podes ver as fotos premendo nos diferentes cursos:

Presentación Día do Libro no CEIP de Quiroga

Neste curso 2013 - 2014, desde o Equipo da Biblioteca, promocionouse a lectura de cómics, coincidindo co 50 aniversario do nacemento de Mafalda. A encargada da Biblioteca, Ana Mª Núñez, encargouse de presentar as seguintes diapositivas a todo o alumnado de Educación Primaria:

Distribuir contido


by Dr. Radut