Skip to Content

ANPA. AVISOS XUÑO

Ola familias!!!

 

Damos comezo ó mes de xuño, mes de fin de curso, mes no que  @s nos@s nen@s collen as vacacións! que rápido pasou.

Pois ben, chegados a este punto dende a ANPA temos cousiñas que contar:

- Damos por rematadas as clases extraescolares tanto de inglés como de mecanografía, queremos dar as grazas ós profes pola colaboración e os alumnos pola confianza en que estas puideran levarse a cabo.

- Ó largo destes días pasará o camión de recollida de tapóns para levar a última tanda de tapóns por este curso. Durante os meses de vacacións as instalacións do cole estarán pechadas polo que o contenedor tamén colle vacacións, es setembro esperamos poder volver a poñelo en marcha. GRAZAS unha vez máis pola gran acollida que tuvo esta proposta.

- Fai uns días que pasaron polo cole as familias que o próximo curos formarán parte del. Dende a ANPA fixemoslles chegar unha carta para darlles a benvida e invitalos a que formen parte da nosa asociacion adiantandolles algo de como traballamos e como funciona.

- Proximamente avisarán de que se abre o prazo de inscripcion para " COLABORADOR-COLABORADORA DE COMEDOR", recordade que somos nós quen podemos formar parte desto e animarv@s a todos aqueles papás ou mamás que dispoñan do tempo para facelo a que se inscriban xa que estamos baixo mínimos. Podedes informarvos no cole de todo aquelo que dubidedes ó respecto.

- E como colofón final, estamos a traballar para anunciarvos que queremos dar por finalizado este curso dalqunha maneira. Non tardaremos moito en contarvos as novas!

 

un saúdo!



page | by Dr. Radut