Skip to Content

ANPA. CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VACINA E O VIRUS DO PAPILOMA HUMANO

BOAS FAMILIAS!

Temos o gusto de dar comezo ó mes de febreiro compartindo con vós a seguinte carta que nos fixeron chegar:

 

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha charla informativa sobre a
 Vacina e o Virus do Papiloma Humano.
 
 
A sesión desenvolverase na Casa das Letras de Ribadeo o vindeiro venres 10 de febreiro ás 19.30horas.
   
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a charla informativa, “A vacina das nenas contra o virus do Papiloma Humano (VPH): infórmate antes de decidir”, que terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo (sita na rúa Rodríguez Murias, 8,1º andar) o próximo 10 de febreiro ás 19.30 horas. A relatora será unha experta no tema, Carmen Mosquera Tenreiro, médica epidemióloga.
Consideramos que é un tema de grande interese para as familias polas repercusións que ten sobre a saúde das nenas e das mulleres en particular e da poboación en xeral. Por este motivo, poñémonos en contacto coa asociación que vostede preside para que se o considera oportuno lle dea difusión entre as familias do colexio.
Sen outro particular, reciba un saúdo cordial.

Pola nosa parte estamos preparando unha copia da carta oficial para facervola chegar a todas as familias soci@s que teñades nenas, claro!

 

un saúdo!

 



page | by Dr. Radut