Skip to Content

ANPA. V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL FAPACEL

                Queridas familias,

                Como ANPA asociada a FAPACEL (Federacion Provincial de APas de Lugo)  que somos, queremos formar parte do V Concurso de Postais de Nadal que organizan.

                Poden participar todos aqueles nenos e nenas do cole que o desexen.

                Haberá tres categorías: 1 para Infantil e 2 para Primaria (de 1º a 3º// de 4º a 6º)

                Só tedes que cumplir os seguintes requisitos:

-          Os debuxos terán que ir nunha soa cara do papel

-          Poñer nome e curso do alumn@ e a ANPA á que pertencen, neste caso, ANPA CEIP PLURILINGUE DE A PONTENOVA.

-          Entregar o debuxo ao titor/a correspondente na semana do 5 ao 9 de decembro.

                Nosoutros encargarémonos de escanear  e pasar ao formato que solicitan cada debuxo que enviedes e enviárllelos por correo electrónico a FAPACEL o luns 12 de decembro.

                Como broche de ouro, FAPACEL organiza unha gala o sábado 17 de decembro ás 12:00h no Museo Provincial de Lugo; por suposto, non é obrigatorio asistir, pero si poderán facelo todos aqueles que participen no concurso,  pois farán entrega de agasallos tanto para os participantes como para os premiad@s.

                ADIANTE E A DEBUXAR!

Un saúdo!



page | by Dr. Radut