NOVA ORGANIZACIÓN DAS SAÍDAS

A partir do luns día 14, as familias accederán ao interior do recinto escolar a RECOLLER aos seus fillos/as. 

Achegaranse ás portas por onde saen do pavillón correspondente Á MESMA HORA que o veñen facendo ata o de agora.

O alumnado de 5º e 6º de primaria que non estea autorizado a saír só, deberá ser recollido na porta do pavillón.

É obrigatorio o uso da máscara dentro do recinto escolar.

Moitas grazas pola súa colaboración. Un saúdo. 

O Equipo Directivo.