AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR EDUCACION PRIMARIA CURSO 2021-22

Venres 21 de maio de 2021

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/2022. Educacion Primaria

Abrir enlace 

Resumo e datos da renda familiar (2019)

 

PRAZO: dende o venres 21 de maio ate o martes 22 de xuño (inclusive)

PRESENTACIÓN

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace  e acceder coa Chave365. 
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.

Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas con CITA PREVIA no teléfono 650977667

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar)

b) Orixinal e Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019.

 

Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro. 

Imprimir anexos aqui ou, poden recollerse na conserxería do centro.

CALENDARIO DE PRAZOS

  • Entrega de documentación: ate o 22 de xuño (inclusive)

  • Resolución provisional: 6 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Resolución definitiva: 13 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro (Informarase nesta web e telegram)

 ACLARACIONS SOBRE A AXUDA