CRIBADO NO CENTRO

Infórmase dende a Consellería de Sanidade que mañá día 25 pola mañán, durante a xornada lectiva se realizará o cribado a todo o alumnado de  6º de Educación Infantil e 3º e 5º de Educación Primaria. Acudirá acompañado dos seus mestres/titores.

Se NON desexan que o seu fillo/a sexa sometido/a á proba, por favor notifíqueo ao titor/a por correo electrónico antes das 9:30 de mañán.

 

O alumnado de 5º de Infantil foi citado a través de abalar móbil para asistir pola tarde cun familiar na hora asignada a cada titoria. 

 

NO CASO DE TER RECIBIDA UNHA CITACIÓN PARA ASISTIR AO CHUAC, POR FAVOR, NON ASISTAN. O CRIBADO É NO CENTRO EDUCATIVO.