PUBLICACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN NA APP DE ABALAR

En cumprimento das instrucións dadas pola Consellería de Educación o día 27 de marzo a tódolos centros educativos da comunidade, comunicamos que o VENRES día 3 de abril, ás 12:00 horas, publicaranse os boletíns de notas do 2º trimestre na aplicación ABALARMÓBIL. Lembrade que para poder descargar a aplicación é necesario que coincida o número de teléfono que figura no XADE co número en uso do dispositico onde se desexe aloxar a aplicación. Adxúntase o arquivo co manual de instalación e outro co manual de uso.

No caso de que non esteades seguros de que o número de teléfono do XADE sexa o que tedes actualmente en uso, poñédevos en contacto co titor/a correspondente. Grazas.

 

GUÍA ABALAR MÓVIL PARA FAMILIAS

 DÍPTICO ABALAR MÓVIL FAMILAIS