CEIP Ponte dos Brozos

Blogues

OBRAS NO CENTRO

Estimadas familias:

Por motivo das obras que se van a realizar no pavillón administrativo, a atención ás familias realizarase no edificio da conserxería. 

Moitas grazas e desculpade as molestias

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 5 de decembro está sinalado no calendario escolar como NON LECTIVO, e o 6 de decembro é festivo nacional. As clases reanudaranse o mércores 7 de decembro.

CONVERSA COAS FAMILIAS SOBRE CONDUTAS ADITIVAS

                  

 

Máis información, aquí.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Mañá, venres 11 de novembro, remata o prazo para a presentación das candidaturas ao Consello Escolar, dos distintos sectores educativos. 

 

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o día 31 de outubro está sinalado no calendario escolar como NON LECTIVO, e o 1 de novembro é festivo nacional. As clases reanudaranse o mércores 2 de novembro.

Un saúdo

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022

Dacordo coa resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, efectúase unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ adicionais.

- Unicamente recibirán esta ampliación de 25€ aquelas persoas beneficiarias do vale de axuda por material de 50€.

- Os vales deberán ser empregados na libraría/establecemento, preferiblemente, antes do 1 de decembro de 2022.

Recolleranse na Secretaria do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 9:30 a 12:30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale previa presentación do DNI/NIE. De non poder acurdir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Mércores 19 de outubro: 1º e 2º nivel

- Xoves 20 de outubro: 3º e 4º nivel

- Venres 21 de outubro: 5º e 6º nivel

Poderánse recoller os vales dos irmáns no mesmo día

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

TODO o alumnado que solicituo a actividade de biblioteca está admitido. 

Data de comezo da actividade. Mércores 14 de setembro

Distribuir contido