O vindeiro xoves 1 de Marzo ás 9:45, imos celebrar unha Xornada de portas abertas para que todas as familias interesadas en matricular ao seu fillo/a neste centro podan coñecelo. En dita xornada, ademais de visitar as instalacións, explicaranse aspectos relevantes do colexio e responderanse as posibles dúbidas que presenten os asistentes.
Respecto ao prazo de presentación das solicitudes de admisión, será do 1 ao 20 de marzo. Proximamente enviaremos desde o colexio información referente a este proceso.