Departamento de orientación, Pedagoxía terapéutica, Audición e linguaxe, Orientación

Emocións

Ser conscientes das emocións, de como nos sentimos é importante para autocoñecernos, saber reaccionar en diversas situacións... Por iso esta semana Angela envía unha proposta de actividades e xogos que  os nenos e nenas poden facer na casa e cos amigos ou a familia. Para algúns tamén van adxuntos os materiais necesarios.

Memoria e atención

A memoria e a atención son moi importantes á hora de estudar, aprender e estar na clase. Por iso esta semana Angela envía unha presentación (tamén en pdf, se a queren descargar) con pequenos xogos para practicar ambas. 

Reto lingüístico

Esta semana Ángela enviavos un reto lingüístico. Tedes que ler moi atentamente o texto para conseguir a clave que vos axude a gañar a este virus

Reto matemático

Seguindo o traballado do Refoza-T, Ángela achega este reto matemático. Probade a ver se sodes quen de superalo!

Técnicas de estudio

Deixamos aquí unhas pautas para facer esquemas e para aprender a estudar que seguro vos serán moi útiles. Se pinchades na imaxe tedes a versión en vídeo e tamén están en adxunto para descargar.

 

Saímos da casa

Unhas recomendacións do Departamento de Orientación para as saídas cos nen@s

Recomendacións do Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación achega estas recomendacións de afrontamento psicolóxico para o confinamento. Tedes máis abaixo o documento para descargar.

Departamento de Orientación

Alimentación saudable

O equipo de orientación deixa estas recomendacións para uns hábitos saudables estes días.

Actividades para traballar a linguaxe oral

Lorena, a nosa profe de A.L. envía estas actividades para traballar a linguaxe oral. Están ordeadas por niveis. Premede na imaxe.

Recomendacións do Departamento de Orientación

O departamento de orientación do centro creou este documento que inclúe unha proposta de rutina diaria para poder axustar a cada familia, xogos, actividades, plataformas educativas e aplicacións. Esta como un adxunto para descargar.

TALLER DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

O alumnado de sexto está participando nun programa de técnicas de

estudo que ten como obxecto mellorar a eficacia académica. A través de

teoría e práctica coñecen diferentes estratexias para aplicar no remate

do curso e durante a etapa de Educación Secundaria.

Compartimos a presentación empregada na aula.

https://issuu.com/erica.opardo/docs/t_cnicas_de_estudo.pptx

IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade

O IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade terá lugar ao longo deste ano 2019 en diversos concellos da Costa da Morte. Convídase a familiares e profesionais de educación.

Aquí vos deixamos un cartel coas datas e lugares onde se realizará.

creaR

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

      O Departamento de Orientación traballa na procura dunha educación de calidade para todo o alumnado, baseándose no principio de equidade e modificando a idea de que a atención á diversidade responde ás necesidades dunha parte dos alumnos para pasar a ser necesidades de todos en todas as etapas educativas. Esta é a idea base dende a que se propoñen os obxectivos deste Departamento de Orientación e afecta a todo o conxunto da comunidade educativa.

COMPOSICIÓN

- Coordinador/a de infantil e primeiro ciclo.

- Coordinador/a de segundo ciclo.

- Coordinador/a de terceiro ciclo.

- Mestra especialista en pedagoxía terapéutica.

- Mestra especialista en audición e linguaxe.

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031