Portas abertas
Enviado por salgueirorilo o Mér, 03/03/2021 - 12:56Menú Marzo
Enviado por salgueirorilo o Mar, 02/03/2021 - 12:04Admisión curso 2021/2022
Enviado por salgueirorilo o Ven, 26/02/2021 - 04:46O vindeiro luns comeza o proceso de admisión de alumando para o curso 2021/2022. Tedes aquí toda a información:
Día de Rosalía de Castro
Enviado por carlosjoseblanco o Mér, 24/02/2021 - 06:13Información cribado
Enviado por salgueirorilo o Xov, 18/02/2021 - 08:41Estimadas familias:
Mañá procederase a realizar o cribado do noso alumnado no centro escolar. Será unha proba PCR e o alumnado acudirá a dita proba acompañado dun adulto.
Seguiremos o seguinte horario:
9:30/10:00 |
6º |
10:00/10:30 |
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por salgueirorilo o Mar, 09/02/2021 - 12:40Para conmemorar o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia"que se celebra o vindeiro xoves 11 de febreiro, dende o Equipo de Biblbioteca elaboramos unha presentación con múltiples recursos que agardamos vos sexa útil.
Atoparedes nela, información moi variada sobre a celebración desta data, un catálogo de libros que podedes atopar na Biblioteca, biografías de científicas moi coñecidas por todas e todos nós (e outras non tanto) e experimentos sinxelos.
Xa que este curso non podemos realizar outras actividades que nos gustarían, invitámosvos a facer chegar as vosas casas a ciencia e igualdade!
Entroido 2021
Enviado por salgueirorilo o Mar, 26/01/2021 - 12:19Este ano, debido a situación que estamos a vivir, non celebreramos o Entroido no centro como outros cursos pero sí continuaremos coa tradición dos mandados. Como este ano son un pouco máis elaborados deixamos aquí xa o listado.
Recordade que os mandados serán a semana do 8 ao 12 de febreiro.
Día da Paz
Enviado por salgueirorilo o Mar, 26/01/2021 - 12:11Estimulación Sensorial
Enviado por salgueirorilo o Xov, 21/01/2021 - 14:10Reserva de praza para o IES
Enviado por salgueirorilo o Lun, 11/01/2021 - 07:57A partires de hoxe, e ata o 8 de febreiro, ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza no IES Ponteceso para o alumando de sexto.
Para facer efectiva esta reserva debedes presentar a solicitude que se adxunta debidamente cuberta e asinada na secretaria do centro.
Tamén se pode presentar de xeito virtual nesta ligazón. Se o facedes así precisades Chave 365 ou certificado dixital para poder validar a solicitude.
Para calquera dúbida poñedevos en contacto coa secretaria do centro.
Notas e 1º trimestre
Enviado por carlosjoseblanco o Xov, 17/12/2020 - 07:53Estimadas familias:
O martes 22 de decembro ás 12:00 publicaranse as notas a través de Abalar. Este ano NON irán impresas. Se algunha familia tivese algún problema e non poidese acceder a elas, rogamos comuníquenllo ao titor/a.
Recordamos tamén que o último día de clase será o martes 22 de decembro. As clases retomaranse o venres 8 de xaneiro.
Desde o centro desexamos un bo Nadal a tod@s.
Un saúdo.
O equipo directivo.
Recomendación para o Nadal
Enviado por salgueirorilo o Lun, 14/12/2020 - 10:52Achégase o Nadal, tempo de gozo en familia.
Nestas datas as nenas e os nenos reciben agasallos que agardan con moita ilusión.
Dende o cole invitámosvos a que o agasallo máis grande de todos este ano sexa o TEMPO COMPARTIDO EN FAMILIA.
Un xeito divertido de compartir momentos en familia é cos xogos de mesa. Por este motivo vos deixamos unha selección de xogos que, ademáis de facernos pasar un bo ratiño, estimulan diferentes aprendizaxes.
Pasade unhas moi boas festas!
