FESTIVAL DE CONXUROS

Se o vídeo queres ver

neste pote tes que premer.

 

 

 

 

 

 

Menú novembro

 

 

 

 

VENRES 1

Festa de Samaín

A Anpa do centro organiza unha festa de Samaín o xoves 31.

Samaín

Este curso volvemos a facer a exposición de cabazas elaboradas por vós e os vosos fillos/as.

Todo aquel que queira pode traelas o LUNS 4 de NOVEMBRO para que estén expostas ata o VENRES 8 DE NOVEMBRO, que as poderán levar para a casa.

 

O mércores  30 DE OUTUBRO o alumnado poderá vir disfrazado coa temática do terror para conmemorar o Halloween.

 

Recordamos tamén que os vindeiros xoves 31 e venres 1 de novembro non haberá escola.

Uso da biblioteca do centro

Estimadas familias:

Como xa sabedes esta semana comezan as actividades extraescolares do concello. A partir de hoxe comezamos co traslado do alumnado dende o centro ás diferentes actividades. Damos por suposto que o alumnado que come no centro será trasladado ás actividades das 15:30 polo profesorado de garda. Senón queredes facer uso de este servizo, por favor, notificadeo no centro.

Nos archivos adxuntos podedes encontrar as autorizacións para o uso da biblio.

Menu do comedor do mes de outubro

 

MARTES 1

Ensalada de leituga, tomate, cenoria e olivas

Costela ao forno con pataca fritida

Iogur

Gardas de tarde

Recordamos que o vindeiro martes 1 de outubro dará comezo o servizo de biblioteca do centro, O horario será de martes a venres de 15:30 a 17:30. Lembrade que para poder utilizar este servizo deberedes entregar a autorización correspondente.

MATERIAL ESCOLAR

Deixamos aquí o listado de material para primeiro e segundo.

Novo curso escolar

O próximo mércores día 11 comeza o novo curso escolar en horario normal ( 9:15-14:15) con comedor escolar.

Recordamos que podedes recoller os cheques dos libros e do material escolar na secretaría do centro de 9 a 14.

GRADUACIÓN PONDALIÑOS (PROMOCIÓN 2016-2019)

O pasado mércores 12 de xuño celebramos no colexio a graduación das nenas e nenos de 5 anos.

Foi tan emotiva como divertida!!!

Premede nas imaxes para ver a graduación dos "Pondaliños".

 

FESTIVAL P de PONDAL III

A BÚSQUEDA DO TESOURO

Desde o equipo de biblioteca do centro, propúxoselle ao alumnado de infantil un reto: acompañar á pirata Susana na búsqueda dun tesouro moi especial....

un conto para cada aula!!!

Todas e todos aceptaron esta misión, e divertíronse moito resolvendo as pistas e buscando os superheroes e superheroinas.

Se queredes saber máis, premede na imaxe.

VISITA A NATURMAZ

O venres 31 de maio, @s peques do Eduardo Pondal fomos de excursión de fin de curso a Naturmaz, en Mazaricos.

Alí fixemos un montón de actividades: mostramos ás nosas destrezas na xincana, coidamos aos animais da granxa escola, visitamos o angar dos avións e plantamos.

Foi unha saída moi divertida!!!

Dividíronnos en dous grupos, 3 e 4 anos por un lado, e 5 por outro, así que vos deixamos dous vídeos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos!!!

 

 

 

TALLER DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

O alumnado de sexto está participando nun programa de técnicas de

estudo que ten como obxecto mellorar a eficacia académica. A través de

teoría e práctica coñecen diferentes estratexias para aplicar no remate

do curso e durante a etapa de Educación Secundaria.

Compartimos a presentación empregada na aula.

https://issuu.com/erica.opardo/docs/t_cnicas_de_estudo.pptx

Festiciencia

No mes de maio algúns dos membros do Club de Ciencias do Pondal participaron, xunto con outras compañeiras e compañeiros de centros da contorna, no Festiciencia celebrado no Couto.

Levaron catro experiencias para mostrarlle aos visitantes: lámpara de lava, inflar un globo sen soplarlle, arco iris de densidades e holograma.

Ademais de expoñer os seus coñecementos, tiveron tempo de visitar as demais exposicións, e polo que se ve nas seguintes fotos, parece que se divertiron!!!

Premede na imaxe...

FESTILETRAS 2019 - EDUACIÓN INFANTIL

O pasado mércores 15 de maio visitamos a aldea do Couto para desfrutar de xogos tradicionais galegos e da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule Bule".

Premede na seguinte imaxe... Esperamos que vos guste!

LETRAS GALEGAS 2019

Aquí vos deixamos a exposición que o alumnado e as familias do CEIP Eduardo Pondal fixeron sobre as romarías e santurarios da nosa...

GALICIA MÁXICA.

 

IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade

O IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade terá lugar ao longo deste ano 2019 en diversos concellos da Costa da Morte. Convídase a familiares e profesionais de educación.

Aquí vos deixamos un cartel coas datas e lugares onde se realizará.

Fondo solidario de libros e axudas de material escolar

 

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria para participar no programa Fondo Solidario de Libros e de Axudas para a compra de material escolar.

Estas axudas están destinadas a toda a comunidade educativa.

No programa de fondo solidario de libros pode participar o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.

No programa de axuda de compras para libros de texto pode participar alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

No programa de axuda de compra de material escolar pode participar o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Como solicitar as axudas?

DÍA DO LIBRO

No CEIP Eduardo Pondal celebramos o "Día do Libro" co apadriñamento do alumnado máis xoven do centro por parte dos maiores.

Despois de escolleren xuntos o libro que máis lles apetecía, saímos ao patio para levar a cabo a lectura.

Pasárono xenial!!! Se o queredes comprobar, premede na imaxe...

Distribuir contido

Eventos

« Febreiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829