Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas á adquisición de libros

A partir do 23 de maio podense solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2017/2018.

 

As axudas están destinadas ás familias con alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos.

 

  • No fondo solidario de libros de texto pode participar o:

- Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

- Alumnado matriculado 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.

Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso 2015/16 e asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto vai destinada ao:

- Alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.

- Alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO.

- Alumnado matriculado en educación especial.

  • axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Neste caso a axuda será de 50 euros.

 

Para solicitar as axudas debedes presentar na secretaría do centro o impreso corresponte acompañado dunha fotocopia do libro de familia. O prazo remata o 23 de xuño.

O impreso pódese descargar pinchando na imaxe.

 

HORARIO SECRETARÍA XUÑO

DE LUNS A VENRES DE 12:15 A 13:30

AdxuntoTamaño
anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf2.2 MB


page | by Dr. Radut