Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

PASAPAPALABRA: Ricardo Carvahlo Calero

Lémbraste do Pasapalabra sobre Rosalía de Castro????

Pois hoxe propoñémosche un sobre Carvalho Calero. 

Preme na imaxe para comezar!!

Xogo Escapismo Letras Galegas

Como o prometido é débeda, aquí vos deixamos o xogo de escapismo para os máis peques!!

Deberás ir resolvendo retos sobre o homenaxeado deste ano. Con cada proba superada, obterás un número que deberás ir anotando. Xa que con todos eles terás o CÓDIGO SEGREDO final!!

Preme sobre a imaxe e comezarás o xogo!Moita sorte!!

Adaptación das programacións didácticas

Deixamos aquí as adapatacións das programacións didácticas para a vosa consulta. 

 

 

 

Letras Galegas Genially

Hoxe propoñémosvos, aos máis maiores, un xogo de escapismo sobre Ricardo Carvalho Calero! Entrarás na misteriosa casa do autor e deberás pasar diferentes probas. Segundo vaias avanzando, obterás un número que deberás ir anotando, xa que con todos conformarás o contrasinal final! Con este contrasinal poderás abrir o maletín que descobre o misterio!!!

Pincha sobre a imaxe e sorte na túa aventura!!

 

Mañá, estade atentos! Propoñeremos outro xogo de escapismo para os máis pequenos!

EMOCIÓMETRO

A proposta de hoxe relacionada coas emocións consiste na elaboración dun emociómetro. Aquí vos deixo as indicacións por se vos animades. 

As plantilas coas imaxes do montruo déixovolas nos datos adxuntos por se vos apetece imprimilas, senon é o caso, animadevos a debuxar unhas caras coas emocións. Seguro que lles gustan as dúas opcións.

Tamén vos deixo aquí un enlace para facer unha sesión de ioga co "Monstruo de Cores".

https://www.youtube.com/watch?v=Em9pK6Db5NE

SEGUIMOS XOGANDO!

Déixovos más xogos para facer na casa e algúns enlaces de ioga para os peques.

Semana das Letras Galegas

Este ano, adicamos o Día das Letras Galegas ao escritor e mestre; Ricardo Carvalho Calero. Para coñecer a súa vida e obra, podes descargar as actividades.Pinchade na imaxe para ver as actividades.

Son actividades sinxelas e adaptadas a todas as idades!

Facéndoas, ademais de aprender sobre o autor homenaxeado, poderás divertirte! Xa que hai: sopas de letras, crucigramas, crebacabezas, imaxes para atopar as diferenzas...

Estate atent@ esta semana á web, porque propoñeremos máis actividades para celebrar o 17 de maio: o día das Nosas Letras!!!!

Vídeo do reto 24

Aquí tedes o vídeo do reto de onte. Moitas grazas a tod@s por participar!!!

Traballo de Relixión

Aquí tedes unha ligazón ao traballo de relixión. Esta organizado por cursos. Recordade que é voluntario.

Último Reto

O reto de hoxe que vai ser o último. Moitas grazas a tod@s por participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut