Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

Día da Paz

O día 30 celébrase o día da Paz nas escolas. Aquí deixamos un pequeno vídeo dos traballos do alumnado para conmemorar ese día:

Estimulación Sensorial

"Desde el cole queremos destacar la importancia de la estimulación sensorial en el desarrollo y aprendizaje de los niños y niñas. Se trata de una terapia que se centra en la estimulación de los sentidos a través de numerosas técnicas. Aquí tenéis un tríptico con más información."

 

Menú xaneiro

Reserva de praza para o IES

A partires de hoxe, e ata o 8 de febreiro, ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza no IES Ponteceso para o alumando de sexto.

Para facer efectiva esta reserva debedes presentar a solicitude que se adxunta debidamente cuberta e asinada na secretaria do centro.

Tamén se pode presentar de xeito virtual nesta ligazón. Se o facedes así precisades Chave 365 ou certificado dixital para poder validar a solicitude.

Para calquera dúbida poñedevos en contacto coa secretaria do centro.

 

Recomendacións lectoras para Nadal

Finalistas e gañadores das postais de Nadal

Postais de Nadal

Notas e 1º trimestre

Estimadas familias:

 

O martes 22 de decembro ás 12:00 publicaranse as notas a través de Abalar. Este ano NON irán impresas. Se algunha familia tivese algún problema e non poidese acceder a elas, rogamos comuníquenllo ao titor/a.

 

Recordamos tamén que o último día de clase será o martes 22 de decembro. As clases retomaranse o venres 8 de xaneiro.

 

Desde o centro desexamos un bo Nadal a tod@s.

 

Un saúdo.

 

O equipo directivo.

 

Recomendación para o Nadal

Achégase o Nadal, tempo de gozo en familia.
Nestas datas as nenas e os nenos reciben agasallos que agardan con moita ilusión.
Dende o cole invitámosvos a que o agasallo máis grande de todos este ano sexa o TEMPO COMPARTIDO EN FAMILIA.

Un xeito divertido de compartir momentos en familia é cos xogos de mesa. Por este motivo vos deixamos unha selección de xogos que, ademáis de facernos pasar un bo ratiño, estimulan diferentes aprendizaxes.

Pasade unhas moi boas festas!

  

Gañadores do concurso de Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut