Skip to Content

Día de Rosalía de Castro e de Eduardo Pondal

 

O pasado venres día 24 de febreiro celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro.

Dentro das aulas realizáronse diferentes actividades relacionadas con ela (entre as que se incluían as dun dossier que se realizou en colaboración co CRA Nosa Señora do Faro e o CEIP As Forcadas) e un circuito eléctrico da autora e de Pondal para que o alumnado coñecese máis sobre os dous escritores.

Tamén o pasado día 6 de febreiro celebramos o día de Eduardo Pondal, que lle da nome ao colexio, prantando unha árbore na zona do patio de Educación Infantil mentres soaba o himno e recibíamos a visita de Yago Espasandín para contarnos moitas cousas sobre o autor. Ao final do acto, agasallamos a cada alumno/a cun marcapáxinas do autor.

E nós encantados e encantadas de poder saber máis sobre Rosalía de Castro e Eduardo Pondal e así coñecer un pouquiño máis sobre a nosa cultura!

 

 
Aquí vos deixamos o enlace a máis fotos
 
https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=KIrFilLYE7d3TPB69DnZ
 

 



blog | by Dr. Radut