Skip to Content

Nadal 2022

 

Este Nadal pasámolo moi ben!

O último día de clase foi moi divertido: visitáronnos as súas maxestades de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar.

Eles sentados no hall recolleron as nosas cartas e saudaron a todo o alumnado.

Despois fomos para as aulas e como manda a tradición, merendamos o chocolate co roscón de reis.

Para rematar, todos nos xuntamos no patio e disfrutamos coa entrega por parte do equipo de normalización da lingua galega aos finalistas de tódalas aulas e ós gañadores do Concurso de Postais e comemos os "gusanitos" no noso especial fin de ano.

Ás vosas casas foi un almanaque coas dúas postais gañadoras en portada, espero disfrutárades del,pola nosa parte, darlle os nosos parabéns aos finalistas e gañadores e as grazas a todo o alumnado que participou no concurso con tanta ilusión e creatividade!

 

Aquí vos deixamos un anaquiño de todos eses momentos e esperamos vos gusten!

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=pz0a46cLWDqwm7OsPfkl

 

Feliz comezo de trimestre familias



page | by Dr. Radut