Iniciar sesión: Acceso

Plan Proxecta, Proxecto Deportivo

Mascota deportiva e recreos saudables

Comezou o Proxecto Deportivo de Centro co obxectivo de fomentar a actividade física entre o alumnado.

Unha das primeiras actividades propostas é a dos recreos saudables. Aquí podedes ver como se organizan os recreos (luns, mércores e venres por zonas; martes e xoves libre).

Outra actividade proposta tamén para o mes de outubro é “a mascota deportiva de centro”. Puidemos ver nesta actividade ganas, traballo, ilusión, afán de superación, creatividade, orixinalidade…A verdade que os nosos alumno/as fixeron verdadeiras xenialidades . Por este motivo, decidimos que todas elas formasen o equipo deportivo do cole. Todas aportan o seu gran de area, cada unha ten o seu papel dentro do equipo, todas son igual de importantes, compleméntanse.

Nos próximos días darémosvos máis información sobre as nosas mascotas, e contarémosvos como se organizará a actividade do mes de novembro do PDC: liga de baloncesto.

“A educación é moito máis que a Educación Física…pero moi pouco sen ela”. Hammelbert

Proxecto Deportivo de Centro 2015 - 2016

Este ano decidimos elaborar un Proxecto Deportivo de Centro co obxectivo de fomentar a actividade física entre o noso alumnado.

No seguinte enlace, podedes ver a súa organización, desenvolvemento, actividades...PDC

Animámosvos a que o leades.

Distribuir contido