Día do Libro.

O 23 de abril é o día do libro e este ano fixemos uns vídeos utilizando o que aprendemos sobre o uso do CromaKey no proxecto de formación de centros deste curso académico. Ademáis, aproveitando a sesión que tivemos sobre radio escolar con Damián Alonso (marabillosa sesión sobre radio e oralidade realizada no centro), o alumnado de 5º e 6º fixo unhas recomendacións lectoras gravadas nos seus equipos convertibles, cos que traballan acotío dentro do proxecto "Edixgal".

Podedes ver os vídeos completos no curso de pais.