Skip to Content

Admisión de alumnado

SOLICITUDES ADMISIÓN 2021/2022


Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 informamos que, na listaxe DEFINITIVA,

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS.

A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través de correo electrónico ou por teléfono.

FORMULARIO DE MATRÍCULA PARA DESCARGAR

SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

 Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 informamos que, na listaxe provisional,

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través de correo electrónico ou por teléfono.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE:

 a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 b) Copia do Libro de Familia.

 c) Documento acreditativo da idade do/da alumno/a.

 d) Certificado oficial do expediente académico, de ser o caso (no caso de que a/o nena/o estea xa matriculada/o noutro centro).

 e) Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

 Poden consultar a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado premendo nos seguintes enlaces:

Vacantes ofertadas no CEIP O Piñeiriño para o curso 2021-2022:

 EDUCACIÓN INFANTIL

4º E. INFANTIL → 50

(6 prazas reservadas para alumnado NEAE)

5º E. INFANTIL  →  21

6º E. INFANTIL  →  12  

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º E. PRIMARIA →  10

 (5 prazas reservadas para alumnado NEAE)

2º E. PRIMARIA →  5

3º E. PRIMARIA →  15

4º E. PRIMARIA →   24


5º E. PRIMARIA →   12


6º E. PRIMARIA →    8

  Vacantes publicadas con data 23 de febreiro de 2021

 

A SOLICITUDE PODE PRESENTARSE:

1. NO CENTRO : a través do seguinte formulario . Para presentar as solicitudes no centro farase no horario de secretaría de 13:40h a 14:30h.

2. A TRAVÉS DE ADMISIONALUMNADO: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita 

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/input.png

.

Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.


IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
 

- Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

- A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

- O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar una solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

- O alumnado que reserve praza terá que formalizar a matrícula nas datas establecidas: do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE

 

As zonas de influencia do centro son:

  • Urbanización do Piñeiriño.
  • O Piñeiro.
  • Vilaboa.
  • Figueirido.
  • Fontecarmoa (compartido coa comunidade educativa de A Lomba)
  • O Castriño: dende o edificio Guernica cara Vilaxoán.
  • Parroquia de Sobradelo: dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilaxoán.

 Instituto ao que estamos adscritos: IES Fermín Bouza Brey

  Servizos complementarios do centro:

  • Transporte escolar. Dúas rutas: RUTA I (Vilaboa, Figueirido I, Figueirido II, Canelas, Ferrazo-Lago) e RUTA II (Xesteira, Piñeiro, Renza).
  • Comedor escolar, xestionado pola ANPA.
  • Plan Madruga, xestionado pola ANPA.
  • ANPA do colexio organiza tamén, en función da demanda, Actividades Extraescolares, entre outras actividades.
  •  

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO E AS VACANTES, ACCEDE AOS DOCUMENTOS ADXUNTOS AQUÍ DEBAIXO.

 

RESERVA DE PRAZAS PARA ALUMNADO 6º PRIMARIA

O PRAZO É DO DÍA 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Nesta fase de reserva de praza NON hai que achegarse ao IES Fermín Bouza Brey a realizar ningún trámite pois é o centro o que se encarga de recoller as reservas e trasladalas ao IES. Neste proceso as direccións de ambos centros traballamos conxuntamente compartindo información

Polo tanto, deberedes presentar neste centro ou online en "admisionalumnado" (se tedes certificado dixital/chave365) o formulario de reserva. Máis adiante, e rematado o proceso de reserva, deberedes formalizar a matrícula no IES.

PROCEDEMENTO

Este procedemento é só para alumnado de 6º de Primaria do CEIP Piñeiriño que pretenda continuar cos seus estudos no IES Fermín Bouza Brey, pois ten reservada unha praza neste IES. Sen embargo, aqueles pais/nais/titores legais que cubran e entreguen a reserva de praza para o IES Fermín Bouza Brey e despois decidan renunciar a esa praza deben facelo antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión co fin de que esa praza que deixan libre poida ser ofertada a outros alumnos.

Aqueles pais/nais/titores legais que queiran que os seus fillos/as cursen estudos noutro instituto distinto ao adscrito non teñen que cubrir a reserva de praza, pois non teñen reservada a praza noutro centro, terán que agardar a que se abra o prazo de solicitudes de admisión para solicitar a praza noutro IES.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Para reservar praza para o vindeiro curso, a solicitude pódese descargar en galego (DESCARGAR) ou castelán (DESCARGAR), enviarase tamén ao alumnado de 6º ou poderase recoller en secretaría.

Para saber como cubrir a solicitude clica AQUI.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2020/2021

A formalización da matrícula para o alumnado que solicitou praza no centro é do 1 ao 10 de xullo, ambos incluídos.

A documentación necesaria a traer será:

- Formulario de matrícula debidamente cumprimentado

- 3 fotografías carné (co nome do neno/a escrito por detrás)

- Orixinal e fotocopia da tarxeta sanitaria

- Orixinal e fotocopia do libro de vacinas

 

Calquera dúbida poñédevos en contacto co centro a través do teléfono ou correo electrónico.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

ACTUALIZACIÓN (27/05/2020)

 Unha vez rematado o prazo, comunicamos que TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN FORON ACEPTADAS. AS LISTAS DE ADMITIDOS PROVISIONAIS ESTÁN COLGADAS NO TABOEIRO NO INTERIOR DO CENTRO OU PODEN SOLICITARSE EN SECRETARÍA DE FORMA PRESENCIAL OU A TRAVÉS DO TELÉFONO DO CENTRO: 986 50 43 66.

A formalización da matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

 

REAPERTURA PROCESO DE ADMISIÓN:

Bos días familias. Informámosvos que a partir do vindeiro luns 11 de maio e ata o 18 de maio, reábrese o proceso de matrícula. Atenderemos ás familias que necesiten entregar a documentación no centro de 09.30h a 14.30h.

É necesario que pidades cita previa chamando ao teléfono do centro: 986 50 43 66

Agardamos que todo estea ben. Moito ánimo a todxs!

IMPORTANTE:  Restablecemento de prazos.

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretarína Xeral Téncnica da Consellerína de Presidencia, Administraciónns Púnblicas e Xustiza, pola que se dán publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinaciónn Operativa da situaciónn de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónnoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE:

 a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 b) Documento acreditativo da idade do/da alumno/a.

 c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.

 d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 Poden consultar a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado premendo nos seguintes enlaces:

Vacantes ofertadas no CEIP O Piñeiriño para o curso 2020-2021:

 EDUCACIÓN INFANTIL

  • 4º E. INFANTIL → 50    
  • 5º E. INFANTIL  →  12
  • 6º E. INFANTIL  →  9

  EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1º E. PRIMARIA →  34
  • 2º E. PRIMARIA →  17
  • 3º E. PRIMARIA →  24
  • 4º E. PRIMARIA →   12
  • 5º E. PRIMARIA →    9
  • 6º E. PRIMARIA →    5

  Vacantes publicadas con data 22 de febreiro de 2020

.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Para reservar praza con vistas ao curso que vén, o formulario que hai que cubrir é o Anexo I ED550A (en pdf máis abaixo) que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado», na páxina web da consellería competente en materia de educación e na secretaría deste centro. Para consultar a guía sobre como cubrir de forma sinxela a solicitude na aplicación clicade AQUÍ

Os pasos son os seguintes: Solicitude- Reserva- Crear

 IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

- Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

- A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

- O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar una solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

- O alumnado que reserve praza terá que formalizar a matrícula nas datas establecidas.

 

As zonas de influencia do centro son:

  • Urbanización do Piñeiriño.
  • O Piñeiro.
  • Vilaboa.
  • Figueirido.
  • Fontecarmoa (compartido coacomunidade educativa de A Lomba)
  • O Castriño: dende o edificio Guernica cara Vilaxoán.
  • Parroquia de Sobradelo: dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilaxoán.

 Instituto ao que estamos adscritos: IES Fermín Bouza Brey

  Servizos complementarios do centro:

  • Transporte escolar. Dúas rutas: RUTA I (Vilaboa, Figueirido I, Figueirido II, Canelas, Ferrazo-Lago) e RUTA II (Xesteira, Piñeiro, Renza).
  • Comedor escolar, xestionado pola ANPA.
  • Plan Madruga, xestionado pola ANPA.

   A ANPA do colexio organiza tamén, en función da demanda, Actividades Extraescolares, entre outras actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut