Skip to Content

Fondo libros

CHARLA SOBRE NORMAS E LIMITES NA ADOLESCENCIA

Estase a organizar unha charla para unha tarde do vindeiro mes de Abril sobre normas e límites na adolescencia dende o Departamento de Orientación en colaboración co Concello de Vilagarcía e a Consellería de Sanidade co programa "Mais que un teito".

Para poder organizar a charla, necesitamos saber cantas familias estarían interesadas, polo que se tedes algunha dúbida ou queredes apuntarvos, podedes contactar no correo da Orientadora: lisb@edu.xunta.gal

Agardamos que sexa do voso interese e vos animedes a participar!

 

MANDADIÑOS DO MECO ENTROIDO 2023

RESERVA DE PRAZA NO IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR

O PRAZO É DO DÍA 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO

O alumnado do centro que remata estudos (6º de Educación Primaria) e queira continualos no IES Armando Cotarelo Valledor debe facer a reserva de praza entre as datas antes mencionadas.

Nesta fase de reserva de praza NON hai que achegarse ao IES a realizar ningún trámite pois é o centro o que se encarga de recoller as reservas e trasladalas. Neste proceso as direccións de ambos centros traballamos conxuntamente compartindo información.

Polo tanto deberedes presentar neste centro ou online en "admisionalumnado" (con certificado dixital/chave35) o formulario de reserva. Máis adiante e rematado o proceso de reserva, deberedes formalizar a matrícula no IES.

IMPORTANTE

Aquelas familias que queiran que os seus fillos/as cursen estudos noutro instituto distinto ao adscrito non farán a reserva de praza, e agardarán a que se abra o prazo de solicitudes de admisión (do 1 ao 20 de marzo) solicitando directamente a praza no instituto de interese.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Farase preferiblemente por VÍA ELECTRÓNICA, mais tamén están a disposición as solicitudes para descargar nesta publicación e enviarase ao alumnado de 6º a través dos titores.

Para saber como cubrir a solicitude clica AQUI.

LEXISLACIÓN A TER EN CONTA

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado

CALDO PARA UN SABOROSO ANO

Familias do Piñeiriño...
@s alumn@s do colexio,  con moita ilusión ,elaboraron un caldiño cheo de ingredientes indispensables para saborear o vindeiro ano.
Disfrutade de cada un deles, pois todos aportan un sabor único e especial.

Desexámosvos que pasedes unhas felices festas.

 

CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE NADAL DA ANPA

Bos días familias!


Este ano estamos moi contentxs de voltarvos a presentar a 2ª edición do CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE NADAL de primaria da ANPA O Piñeiro do colexio O Piñeiriño 2022.

Bases do concurso:

Requisitos para participar
1. Poderán participar no concurso todas as nenas e nenos de primaria do colexio público O Piñeiriño.
2. Todos os relatos terán unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 500 palabras.
3. Todos os relatos estarán realizados integramente en galego, e tratarán en relación coa próxima festa do nadal.
4. A data límite para entregar os relatos será o xoves 15 de decembro .Non entrando a concurso ningún relato feito en datas posteriores e tampouco outro relato que non cumpla os requisitos que aquí se expoñen.
5. O relato enviarase con título, e poñendo claramente o nome da autora ou autor e a clase.
6. Todos os relatos teñen que ser orixinais, e non se admitiran copias ou obras feitas para outros fins.

Premios
1. As persoas gañadoras serán 3 e terán un premio cada unha por categorías de idade: UN PREMIO para nenos/as de 6 e 7 anos (primeiro e segundo), UN PREMIO para nenas/os de 8 e de 9 anos (terceiro e cuarto) e UN PREMIO para os nenos/as (quinto e sexto).
Os agasallos serán libros en galego e darémolosa directiva do ANPA o mércoles 21 aos gañadores, ao igual que un diploma e fotografía do momento.
2. Darase un pequeno agasallo a todos os participantes do concurso.
3. Expoñerasen os nomes dos gañadores nas redes sociais da ANPA.

Finalidade
1. Fomentar apego e agarimo a nosa lingua, a escribir e leer nela e desenrolar a imaxinación.

2. Fomentar a escritura e valorar o esforzo por facelo o mellor posible.

Selección de gañadores
1. Os relatos presentados a concurso serán evaluados pola propia ANPA.

2. Os relatos deixaranse na entrada, na zona de oficina e dirección, nunha caixa habilitada para tal fin, todos os que despois da data límite aparezcan alí non se tomaran en conta.

3. O ter poucas faltas de ortografía e o utilizar un vocabulario rico tamén se valorarán, o igual que a idea orixinal.

Recomendacións
1. Para poder recontar ben as palabras e non pasar nin quedar curtos deixamovos unha ligazón:
https://www.contadordepalabras.com/

É tan doado como poñer o texto e a aplicación conta por ti.

2. Para poder axudarvos coa utilización do galego podedes botarlle un ollo ao

http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index

Traductor da Xunta é http://sli.uvigo.es/corrector/index.php
ou coñecido por Ortogal, un
portal que axudaravos a escribir mellor en galego.

Un saúdo! Esperemos que vos guste a iniciativa que comezou o ano pasado e vos animedes a participar!"

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias: informamos de que este curso 2022/2023 o día de conveniencia pedagóxica concedido para o noso centro será o 05/12/2022; polo tanto, este día non haberá clases no noso centro

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 2023

 NOTA IMPORTANTE:

LEMBRADE NON ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO ATA O MES DE SETEMBRO, AGARDANDO INSTRUCIÓNS DAS TITORAS/ES.

EN 1º E 2º HOUBO MODIFICACIÓNS.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Galicia docemente, está ollando o mar.

Ten vales e montañas e terras pra labrar!

Galicia somos nós a xente e mais a fala,

Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!

25 N - CEIP O PIÑEIRIÑO

25 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA CONTRA O MACHISMO, CONTRA A SOCIEDADE PATRIARCAL, CONTRA O SEXISMO E A DESIGUALDADE DE XÉNERO.

 DÍA NO QUE LOITAMOS POLA IGUALDADE, POLO RESPECTO, POLO EMPODERAMENTO DAS MULLERES.

 HOXE, DENDE O CEIP O PIÑEIRIÑO, QUEREMOS LEMBRARNOS DE TODAS AQUELAS MULLERES QUE SUFRIRON E SOFREN POR CULPA DUNHA SOCIEDADE NA QUE OS HOMES SENTEN A NECESIDADE DE REFORZAR O SEU “PODER” A TRAVÉS DA VIOLENCIA, SENTEN QUE SON “DONOS” DOUTRO SER HUMANO OU QUE SON SUPERIORES ÁS MULLERES.

E AQUÍ E AGORA QUEREMOS QUE SAIBADES QUE, MESTRAS E MESTRES, NENAS E NENOS, LORENA, LOLO...ESTAMOS COMPROMETIDXS EN TRABALLAR E LOITAR POR UNHA EDUCACIÓN QUE FOMENTE O RESPECTO, A LIBERDADE, O EMPODERAMENTO E A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

 BASTA DE MULLERES INVISIBLES.

BASTA DE MULLERES SUFRINDO.

 BASTA DE MULLERES MALTRATADAS.

 PORQUE TODAS MERECEMOS/DES MEDRAR E VIVIR NUN MUNDO SEN MEDO.

 PORQUE SE IMOS DA MAN, TODO IRÁ MELLOR.

 #25N 2021

CEIP O PIÑEIRIÑO

Distribuir contido


by Dr. Radut