Skip to Content

SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

 Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 informamos que, na listaxe provisional,

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través de correo electrónico ou por teléfono.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE:

 a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 b) Copia do Libro de Familia.

 c) Documento acreditativo da idade do/da alumno/a.

 d) Certificado oficial do expediente académico, de ser o caso (no caso de que a/o nena/o estea xa matriculada/o noutro centro).

 e) Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

 Poden consultar a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado premendo nos seguintes enlaces:

Vacantes ofertadas no CEIP O Piñeiriño para o curso 2021-2022:

 EDUCACIÓN INFANTIL

4º E. INFANTIL → 50

(6 prazas reservadas para alumnado NEAE)

5º E. INFANTIL  →  21

6º E. INFANTIL  →  12  

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º E. PRIMARIA →  10

 (5 prazas reservadas para alumnado NEAE)

2º E. PRIMARIA →  5

3º E. PRIMARIA →  15

4º E. PRIMARIA →   24


5º E. PRIMARIA →   12


6º E. PRIMARIA →    8

  Vacantes publicadas con data 23 de febreiro de 2021

 

A SOLICITUDE PODE PRESENTARSE:

1. NO CENTRO : a través do seguinte formulario . Para presentar as solicitudes no centro farase no horario de secretaría de 13:40h a 14:30h.

2. A TRAVÉS DE ADMISIONALUMNADO: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita 

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/input.png

.

Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.


IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
 

- Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

- A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

- O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar una solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

- O alumnado que reserve praza terá que formalizar a matrícula nas datas establecidas: do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE

 

As zonas de influencia do centro son:

  • Urbanización do Piñeiriño.
  • O Piñeiro.
  • Vilaboa.
  • Figueirido.
  • Fontecarmoa (compartido coa comunidade educativa de A Lomba)
  • O Castriño: dende o edificio Guernica cara Vilaxoán.
  • Parroquia de Sobradelo: dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilaxoán.

 Instituto ao que estamos adscritos: IES Fermín Bouza Brey

  Servizos complementarios do centro:

  • Transporte escolar. Dúas rutas: RUTA I (Vilaboa, Figueirido I, Figueirido II, Canelas, Ferrazo-Lago) e RUTA II (Xesteira, Piñeiro, Renza).
  • Comedor escolar, xestionado pola ANPA.
  • Plan Madruga, xestionado pola ANPA.
  • ANPA do colexio organiza tamén, en función da demanda, Actividades Extraescolares, entre outras actividades.
  •  

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO E AS VACANTES, ACCEDE AOS DOCUMENTOS ADXUNTOS AQUÍ DEBAIXO.

 

AdxuntoTamaño
ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021_2022.pdf128.87 KB
MD_Listaxe vacantesweb.pdf414.6 KB


story | by Dr. Radut