Skip to Content

RESERVA DE PRAZAS PARA ALUMNADO 6º PRIMARIA

O PRAZO É DO DÍA 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Nesta fase de reserva de praza NON hai que achegarse ao IES Fermín Bouza Brey a realizar ningún trámite pois é o centro o que se encarga de recoller as reservas e trasladalas ao IES. Neste proceso as direccións de ambos centros traballamos conxuntamente compartindo información

Polo tanto, deberedes presentar neste centro ou online en "admisionalumnado" (se tedes certificado dixital/chave365) o formulario de reserva. Máis adiante, e rematado o proceso de reserva, deberedes formalizar a matrícula no IES.

PROCEDEMENTO

Este procedemento é só para alumnado de 6º de Primaria do CEIP Piñeiriño que pretenda continuar cos seus estudos no IES Fermín Bouza Brey, pois ten reservada unha praza neste IES. Sen embargo, aqueles pais/nais/titores legais que cubran e entreguen a reserva de praza para o IES Fermín Bouza Brey e despois decidan renunciar a esa praza deben facelo antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión co fin de que esa praza que deixan libre poida ser ofertada a outros alumnos.

Aqueles pais/nais/titores legais que queiran que os seus fillos/as cursen estudos noutro instituto distinto ao adscrito non teñen que cubrir a reserva de praza, pois non teñen reservada a praza noutro centro, terán que agardar a que se abra o prazo de solicitudes de admisión para solicitar a praza noutro IES.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Para reservar praza para o vindeiro curso, a solicitude pódese descargar en galego (DESCARGAR) ou castelán (DESCARGAR), enviarase tamén ao alumnado de 6º ou poderase recoller en secretaría.

Para saber como cubrir a solicitude clica AQUI.

AdxuntoTamaño
ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB
ED550A-C_2021_2022.pdf1.33 MB


story | by Dr. Radut