Skip to Content

LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o día das letras galegas fixemos diversas actividades.

Un exemplo foi a elaboración dun mural colaborativo entre toda primaria! Os maiores tamén fixeron libriños de lapelas sobre Luísa Villalta e prepararon unha actividade por cada curso: 6° fixo acrósticos co nome e apelidos de Luísa, 5° fixo caligramas sobre algunhas cousas importantes para a escritora, e 4° redactou e leu a súa biografía. O alumnado de infantil fixo un caligrama dun violino (o instrumento que aprendeu Luísa) con unha das súas brincadeiras. Ademais diso, aprenderon dúas cancións coa frauta e bailaron Terra das Tanxuguerias. Rematamos a celebración cantando o himno galego e diversas cancións na nosa lingua. Que vivan as letras galegas!

 

PARABÉNS, ANTÓN!

Hoxe Antón fixo 4 anos. Trouxo un biscoito grande para compartir. Os nenos decían  que sabía a "Pan de juevo". Pasámolo xenial!

 

 

CONTACONTOS NO COLE

Hoxe tivemos no cole a visita dun contacontos, e traballamos co conto de Hematocrítico "Morto de Fame"

 

 

NAVEGA CON RUMBO

O noso centro participou nunha iniciativa levada a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Aquí vos deixamos máis información desta iniciativa:

https://navegaconrumbo.cpeig.gal

 

Así, hoxe, o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° tivo unha charla sobre as vantaxes e riscos de Internet e as redes sociais. Que importante é! Gracias, Felipe, polos teus bos consellos!

Derradeira sesión Semana do Libro

Hoxe demos por rematada as sesións de contacontos polo día do libro. Os nenos de infantil fixérono estupendo!

 

PARABÉNS ANTÍA!

Felicidades Antía! E que cumpras moiiiiitos máis!

 

Seguimos celebrando o día do libro!

Seguindo co día do libro, aquí temos máis fotos dos alumnos de 1°, 2° e 3° contando as súas historias. Neste caso "El pedo más grande del mundo", "Un conto cheo de lobos" e "Os sete irmáns chineses"

O Rei León

Qué ben o pasamos! Foi unha experiencia marabillosa poder desfrutar dun musical como "O Rei León". A viaxe  fíxose curta con cánticos e charlas entre compañeiros de asentos e o espectáculo....INCRÍBLE!!!

Non era un despliegue de montaxes como as que podemos ver na Gran Vía de Madrid, pero os actores e actrices de Santiago deixáronnos igual coa boca aberta.

 

 

 

 

5ª Sesión Semana do libro

Seguimos celebrando a semana do libro. Hoxe, os nenos de 3º léronlle  "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"  e "Os sete irmáns chineses" aos nenos de infanti.

 

 

4ª Sesión semana do libro

4° sesión da semana do libro. As nenas de 2° en infantil.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut