Skip to Content

PARABÉNS, MARA!

E hoxe foi Mara a que estivo de aniversario! Os seus compañeiros cantáronlle, e comeron o pastel con tal rapidez que nin tempo houbo a sacarlle unha foto!

Aquí a tedes, xa con 7 anos!

Magosto 2023

Onte foi día de festa na Escola!

 

Como xa nos anunciara Sabedoriño, disfrutamos todos xuntos dunha boa Castañada:

 

Antes deso, picamos as castañas para que non estouparan: 

No Pindo, ás castañas pásalle como aos pementos de Padrón: unhas teñen o becho e outras non! Risa

Así que a cativada de 1º,2º e 3º aproveitou para ver co microscopio como son os vermes!

 

E, unha vez que xa tiñamos o papo cheo, deron comezo os primeiros xogos Pindolímpicos!

Aquí vos quedan algunhas fotos do campionato...

MAGOSTO

MASCOTA SABEDORIÑO 2023/2024

A semana pasada, o noso alumnado votou no concurso de Sabedoriño. A cousa estivo ben complicada.... Tanto foi así, que houbo que repetir votación!

Aquí vos deixamos os gañadores... Tamén os debuxos que participaron no concurso. Vós a cal votariades?

 

PARABÉNS, ALBA!

Estes días non damos feito a cumprir anos na nosa escola!

 

Hoxe é o turno de Alba, que nos trouxo unha tarta de Oreo... Tan boa estaba que non quedou nin a proba! 

 

Parabéns, Alba! Que cumpras moitos máis!

 

PARABÉNS, ROI!

Hoxe estivemos de festa na escola!

 

Roi xa ten 5 anos! Celebrárono tod@s xunt@s, e, @s moi larpeir@s, non deixaron nen as faragullas do biscoito que trouxo á escola!

 

Aquí vos deixamos unhas fotos para que se vos faga a boca auga!

ROI  

 

CABAZAS SAMAÍN

O alumnado artista do CEIP do Pindo xa presentou as súas creacións!

 

Esperamos que vos guste tantísimo como a nós!

 

Fai click aquí para ver o vídeo

 

DÍA DAS ESCRITORAS

Estes días temos moito choio!

Fai pouco que foi o día das escritoras, e, de acordo co lema do cole "Os xogos Olimpíndicos", estivemos investigando acerca das escritoras e ou periodistas deportivas.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos que fixeron @s nos@s nen@s. De seguro que nuns anos falaremos deles, e quen sabe se virán ao cole a concedernos entrevistas! Aquí hai canteira!

 

 

 

 

CONCURSO SABEDORIÑO - SAMAÍN

CONCURSO SABEDORIÑO - DIA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo do día das bibliotecas, Sabedoriño, o noso moucho, convocou ós nenos da escola a facer un debuxo del caracterizado. Ben sabedes que este ano son os Xogos Olimpíndicos, e tense que vestir para a ocasión!

Bulide ben a facer o debuxo, que só temos unha semana! Este Sabedoriño traballa de noite e non nos deixa durmir de día! 

           

Distribuir contido


by Dr. Radut