Skip to Content

PARABÉNS, JOSÉ MANUEL!

Esta foi a semana dos Lago Medina! Se o Mércores foi Andrés o que estivo de aniversario, hoxe celebramos o de seu irmán, José Manuel. 

Cantamos na clase, e soplou as velas rodeado dos seus amigos e seu irmán. 

Despois, papamos todos no biscoito (algún levou ración dobre! Canso). Estaba ben bo!

Aquí vos deixamos algunha foto!

 

 

 

PARABÉNS, ANDRÉS

Ai, que Andrés xa cumpriu 5 anos!

Celebrámolo comendo un biscoito que nos trouxo, e despois cantámoslle todos os compañeiros! Foi un día ben divertido! 

Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades!

 

 

 

 

Formación Mestras

Estes días, as nosas mestras están acudindo a diversas actividades organizadas pola consellería, para ver as novidades en educación. Abaixo das imaxes, podedes ver información de distintos programas nos que vai a participar a nosa escola este ano...

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/poloscreativos

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230831/AnuncioG0655-240823-0002_gl.html

PARABÉNS, AARÓN!

Hoxe Aarón fixo 5 anos!

 

Para celebralo, na aula cantáronlle todos os amigos e estiveron abrindo agasallos que trouxo Aarón

 

COMEZO CLASES

Ola a todos!      

 

Voltamos ás aulas con moita enerxía e moitos folgos!     

As clases comezarán o próximo 11 de Setembro no horario habitual.

 

REUNION FAMILIAS

Benqueridas familias

 

O próximo Luns, 11 de Setembro, ás 16:30, teremos unha reunión no centro para comentar o vindeiro curso 2023/2024.

Agardámosvos a todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut