Skip to Content

blogue deEditor

Música tradicional no colexio.

Onte un membro da Asociación Axio Mouro, de Santa Comba, veu a facer unha mostra de música tradicional ao noso cole. Coñecemos as distintas pezas que compoñen unha gaita galega e tivemos a oportunidade de escoitar unha muiñeira en directo, na que participou tocando a pendeireta Alberto Coya, mestre e secretario do noso centro.

Dende a asociación informáronnos que imparten clases de gaita, pandeireta, percusión e baile galego para nenas e nenos a partir dos 4 anos, e que son flexibles cos horarios das mesmas para adaptalos aos horarios do noso centro.

Novo inicio de curso.

Para celebrar a benvida ao novo curso levamos a cabo unha serie de talleres nos que tanto maiores coma pequenos o pasamos en grande. Entre os diferentes talleres fixemos: taller de natureza, no que investigamos e clasificamos algunhas das diferentes especies de árbores e de plantas que hai no colexio. respecto a este taller dicir que non rematou aquí, posto que este curso o patio e a contora do cole será o eixe vertebrador dos nosos proxectos.

Data e hora da reunión de nais e pais do alumnado de Educación Infantil

O próximo luns 9 de setembro ás 12:00 horas celebrarase a reunión informativa para nais e pais do alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).

Comezo das clases

O próximo mércores 11 de setembro dará inicio o periodo lectivo para o alumnado de Educación Infantil (4 e 5 anos) e para o alumnado de Educación Primaria.

O periodo lectivo para o alumnado de Educación Infantil (3 anos) dará comezo o xoves 12 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut