Skip to Content

blogue deEditor

ACTIVIDADES PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, no seguinte enlace podedes descargar as actividades propostas para o alumnado de 1º e 2º de E.P.

https://drive.google.com/drive/folders/1zMeR1dwHca1I75OY9AwejxLW0ITbaFGb?usp=sharing

ACTIVIDADES DE MÚSICA

A continuación damos acceso a las actividades musicales que ofrece Alberto, profesor de Educación Musical.

El enlace da acceso a varias carpetas, una por curso, con materiales para cada nivel. 

Actividades e traballo para o alumnado durante a cuarentena

 

Estimadas familas:

Informámovos de que estamos a subir materiais á aula virtual para que o alumnado poda continuar coa súa actividade formativa.

Debido a que toda a comunidade educativa galega está a subir documentos a moodle, a páxina está saturada e da constantes erros. Esperamos que entre hoxe pola tarde e mañá xa estea solucionado para poder dar acceso ao servizo. 

PECHE DE CENTROS EDUCATIVOS DEBIDO AO COVID-19

Estimadas familias:Informámosvos de que a Xunta de Galicia, a través dunha rolda de prensa do presidente Alberto Núñez Feijoo, acaba de ordenar a cancelación de toda actividade nos centros educativos galegos debido á situación do COVID-19 (Coronavirus). 

8-M Día Internacional da muller

Dende a semana pasada até hoxe, conmemoramos o Día Internacional da Muller. O venres puidemos disfrutar da "Trastenda dos contos" de Caxoto, a través da narración dun conto no que a protagonista conseguía o seu máis ansiado desexo, ser pirata. E hoxe, presentamos unhas clases a outras, mulleres de distintos ámbitos, facendo énfase especialmente en Rosalía de Castro, imaxe icónica galega na loita pola igualdade da muller.

 

Prazo de admisión curso 2020/21

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020/21.

 

Pode realizar a solicitude de admisión das seguintes formas:

 

Actividades de Relixión

No seguinte enlace podedes descargar as actividades propostas para 

PROPOSTAS LÚDICAS DENDE A BIBLIOTECA (Contos, xogos, manualidades...)

Dende o equipo de biblioteca deixámosvos o seguinte enlace: 

http://abibliodefuco.blogspot.com/

Nel atoparedes distintos recursos lúdicos para toda a familia, como: xogos, contacontos, manualidades e moitos outros recursos educativos. 

Entroido 2020

Boas días. A continuación adxuntamos unhas fotos do pasado venres, día no que festexamos o entroido polas rúas de Santa Comba. Por vez primeira, tivemos a sorte participar xunto a outro alumnado da contorna no desfile anual de entroido, toda unha festa de música e cores.
Despois da comparsa, puidemos disfrutar de doces típicos destas datas, elaborados todos eles polas familias do noso alumnado, as que sen dúbida lle estamos moi agradecidos.

 

Día Mundial da Radio e visita do CRA Novo Amencer

Hoxe foi un día moi especial para nós, non só porque fose o Día Mundial da Radio, senón tamén porque hoxe recibimos unha visita moi especial. Viñeron a visitarnos as alumnas e alumnos do CRA Novo Amencer. Participaron  con nós en diversas actividades, algunhas delas relacionadas ca radio, e outras ca convivencia, os contos e os xogos. A continuación deixámovos unhas fotos do día de hoxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut