Skip to Content

blogue deEditor

Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia

Para conmemorar o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, comezamos a investigar sobre algunhas mulleres relevantes do mundo da ciencia. Por agora presentámosvos estes magníficos debuxos.

 

Benvida ao Nadal e finalización do primeiro trismestre.

 

Estes días houmo moito movemento no cole, pois xa tiñamos ganas de Nadal.

O pasado xoves, as nosas cociñeiras puxeron os seus dotes artísticos a traballar e deleitáronnos con dúas impresionantes tartas. Ademáis, pudemos disfrutar dun menú máis que suculento, con langostinos e churrasquiño ao forno. Así da gusto dar a benvida ás vacaións!

 

Xoves 12 de decembro. Folga de profesorado

O próximo xoves 12 de decembro hai convocada unha folga de profesorado de Educación Primaria e Educación Secundaria. Debido a isto informamos dende o centro que as clases poden verse afectadas e non discorrer con total normalidade, pois non sabemos con certeza o grado de participación que pode acadar a folga entre o profesorado do noso centro.

Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade e nos horarios habituais. 

Xa é Nadal no CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña!

Xa é nadal no noso colexio. Tanto nas aulas como nos corredores podemos notar a maxia que nos envolve durante estas datas. 

Este ano centramos o Nadal en distintas tradicións e costumes navideñas, viaxando a países como Australia, EE.UU, Italia ou Finlandia. Non perdades ollo e atentos a páxina os próximos días.

Xa é Nadal no CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña!!

26-N Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Onte, luns 25 de novembro, fixemos un acto conmemorativo é un mural para expresar o noso apoio á loita contra a violencia de xénero.

 

 

Festivos locais do Concello de Santa Comba

Segundo o acordo aprobado polo pleno da Corporación Municipal do Concello de Santa Comba, do 27 de setembro de 2019, fíxase que: os festivos locais do vindeiro ano 2020 serán os días 29 e 30 de xuño. 

Días non lectivos

Infórmase á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña que o 27 de febreiro e o 20 de marzo, foron escollidos por votación como días non lectivos. 

Máis ca libros!

No noso colexio podemos disfrutar dunha biblioteca de libro, organizada por recunchos. Ademáis este ano seguimos formando parte do PLAMBE, do Proxecto Escornabots e do Proxecto Radio na Biblio.

Máis ca libros!

No noso colexio podemos disfrutar dunha biblioteca de libro, organizada por recunchos.

Breve Historia do Feminismo Galego

No día de onte os alumnos de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria acudimos a Biblioteca Municipal de Santa Comba para desfrutar, de forma lúdica e divertida, dun repaso sobre a historia do Feminismo Galego. Alí, Antía Yañez, transmitíu os valores básicos deste movemento de igualdade, e aclarou ideas erróneas e conceptos equívocos que moitas veces temos sobre este termo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut