Skip to Content

Recomendámosche

ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO

Achégase a celebración do día do libro, que se leva a cabo o 23 de abril. Xa que o noso proxecto do cole é Xogando con Cipriano, propoñémosvos unha actividade a modo de xogo que consiste en recrear a portada dun libro empregando o voso corpo (véxase o exemplo máis abaixo). Sacade unha foto e enviádenola ao seguinte correo: 

abibliodecipriano@gmail.com

No email poñede o título do libro, así como o nome, apelidos e curso do alumn@.

Exemplos: 

Faremos unha exposición con todas as vosas creacións, e haberá un pequeño agasallo para todos os participantes. 

A data límite para o envío será o venres 19 de abril de 2024.

Esperamos as vosas interpretacións das portadas.

A BIBLIO DE CIPRIANO - HORA DE LER

Unha ano mais Cipriano estará con nós durante este curso que acaba de comezar. Temos como novidade nos nosos horarios a Hora de Ler, a que adicaremos a fomentar a lectura. Cipriano déixanos esta primeira nota, xa que para a semana comezamos. 

BIBLIOTECA: MOCHILAS VIAXEIRAS

 

Desde o pasado 20 de xaneiro o Equipo de Biblioteca do noso centro puxo en funcionamento "As mochilas viaxeiras". Nesta primeira saída parece que o noso alumnado quedou encantando. A seguir gozando da lectura!!!

Recomendacións dende a Biblioteca

A ler no recreo

Se da lectura no recreo queres desfrutar, á nosa mascota deberás visitar!!!!

Mascota biblioi

Recomendacións

Aquí tedes unhas recomendacións ben xeitosas para o Nadal! Lectura, cine, música e ata xogos para que non deixedes nin un ratiño para o aburrimento!

Agardamos que pasedes unhas festas moi felices coa familia e os amigos!

Bo Nadal e vémonos en 2018!


Distribuir contido


by Dr. Radut