Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

Quincena da BICICLETA

PUNTO LARANXA FÍSICO E VIRTUAL CONTRA O ACOSO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento d o acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma. Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico  e virtual onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar e, ademais, dun pequeno espazo onde o centro será quen de incorporar información adicional relacionada con esta temática.

Tamén temos un aplicativo virtual instalado na nosa web ao fondo da columna dereita: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippeninsuladapaz/node/588

Outra das accións previstas no novo protocolo é a constitución do denominado Equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), un equipo docente encargado de levar adiante as medidas establecidas no devandito protocolo con relación á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo estará formado por un mínimo de tres membros do claustro, entre os cales sería aconsellable que se atopasen os seguintes:

• A xefa do Departamento de Orientación.

• A coordinadoa de benestar e convivencia.

• Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario.

Ademais de xestionar todas as actuacións posteriores á comunicación de feitos, este equipo encargarase da revisión diaria e filtrado das posibles denuncias depositadas no Punto Laranxa, de acordo co procedemento establecido no protocolo para a intervención nos centros educativos.

BECAS NEAE

Adxuntamos información sobre as axudas para o alumnado con NEAE (necesidades específicas de apoyo educativo), promovidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso académico 2024/2025.

Calquer consulta ou información que precisedes poñédevos en contacto co centro.

 

 

Deixamos o enlace para acceder directamente á páxina do Ministerio:

Enlace

 

DÍA DO LIBRO

Hoxe conmemamos o Día do Libro cunha recopilación de portadas que o noso alumnado recreou nas súas casas. Sodes uns artistas, porque o resultado quedou excelente. Cipriano está moi orgulloso!!

Nunca deixes de ler!!

ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO

Achégase a celebración do día do libro, que se leva a cabo o 23 de abril. Xa que o noso proxecto do cole é Xogando con Cipriano, propoñémosvos unha actividade a modo de xogo que consiste en recrear a portada dun libro empregando o voso corpo (véxase o exemplo máis abaixo). Sacade unha foto e enviádenola ao seguinte correo: 

abibliodecipriano@gmail.com

No email poñede o título do libro, así como o nome, apelidos e curso do alumn@.

Exemplos: 

Faremos unha exposición con todas as vosas creacións, e haberá un pequeño agasallo para todos os participantes. 

A data límite para o envío será o venres 19 de abril de 2024.

Esperamos as vosas interpretacións das portadas.

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR DO VINDEIRO TRIMESTRE

 

Estimadas familias.

Xa podedes consultar os menús que se servirán nos vindeiro trimestre.

Os arquivos están adxuntos ao final desta publicación.

Un saúdo

MULLERES PROTAGONISTAS DO 8 M NO PENÍNSULA DA PAZ

Axenda chea de actividades en torno ao día da MULLER na semana do 8 M.

Grazas ás familias polas vosas aportacións. O EDLG fixo un bonito mural que temos exposto no primeiro andar.

Viñeron a visitarnos xogadoras do BURELA FS, Caridad, Cilene e Rafinha. O mellor equipo do mundo!!!!

Tamén tivemos a Kenia López, surfista de 16 anos que se atopa no top 12 de Europa na categoría sub 21,  que trouxo unha bonita presentación do seu deporte e da igualdade. 

Grazas de novo á Fundación ALCOA  e as súas traballadoras coas que poidemos tamén coñecer de primeira man o papel da muller na factoría.

Por último, moitas grazas tamén a Irene del Río (corpo técnico da selección española de fútbol)e á familia de Pelayo por facernos chegar un motivador  video para celebrar este día.

Como sempre, temos todo documentado. Deixámos un vídeo resumo do 8M e o que nos enviou Irene:

 

 

8 de marzo. DÍA DA MULLER!

ADMISIÓN curso 2024- 2025

Estimadas familias:

Comeza en breve o prazo de admisión para todo o alumnado novo que se incorpore ao noso colexio. 

 

Non coñeces o noso centro? 

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Do 1 ao 20 de marzo de 2024, presentación da solicitude de admisión (modelo ED550B adxunto), para todo o alumnado que se incorpore novo ao centro en calquera dos seus niveis.

✔ Antes do 25 de abril, publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos.

✔ Antes do 15 de maio, publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

✔ Do 20 ao 30 de xuño, formalización da matrícula (4º de EDUC. INFANTIL e 1º PRIMARIA ).

O alumnado restante matricúlase de oficio.

NOTAS INFORMATIVAS

O alumnado xa matriculado no centro non ten que realizar reserva de praza no centro.

✔ O alumnado xa matriculado no centro que queira cambiar de centro deberá presentar a

solicitude de admisión no centro no que pretende matricularse e enviar copia desa solicitude a este centro.

✔ Permitirase a presentación das solicitudes a través da aplicación na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia por parte das familias.

✔ Na solicitude de admisión pódense incluír ata 6 centros por orde de preferencia. Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.

Serán desestimadas todas as solicitudes que incumpran esta norma.

A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores. (Anexo II- Modelo ED550B). Libro de familia e DNI/NIE dos pais/nais/titores/as.

 

O Anexo II e a circular completa podedes abrilos nos arquivos abaixo adxuntos. 

 

Queres coñecer o noso centro? Pide cita previa, nós encantados/as de recibirvos!!!

 Tlfno: 982829051 982829050

 

 

Entroido 2024

 

O noso vídeo do Entroido 2024: OS XOGOS:

Distribuir contido


by Dr. Radut