Skip to Content

Contratos Programa

Ioga no Península Da Paz

Mañá, día 21 de abril, contaremos coa presenza dunha monitora de ioga que realizará unhas sesións con todo o noso alumnado. Esta actividade está encadrada dentro dos Contratos-Programa, e máis concretamente no Emocióna-t. 

 

Día Mundial Da Concienciación do Autismo

Hoxe, día 2 de abril, conmemórase o día mundial da concienciación sobre o autismo, e a nosa comunidade educativa uníuse, unha vez máis, para apoiar tal fin. Cunha actividade vistosa, a cal tivo moita aceptación, e baixo o lema da campaña deste ano #ChamémosllePoloSeuNome deixámosvos este vídeo de apoio.

 

#ChamémosllePoloSeuNome

2 de abril do 2023 - Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

II Semana Da Inclusión

Hoxe arrancamos coa II Semana Da Inclusión que levamos a cabo no cole. Comezamos acudindo ao auditorio da Casa Da Cultura de San Cibrao para ver unha obra de teatro realizada por chic@s de ASPANANE. Foi unha experiencia incríble, cunha mensaxe todavía mellor: EU VOU CONMIGO. Despois da obra invitámolos a merenda co alumnado de Educación Infantil que estivo preparando uns pinchos riquísimos. 

Déixovos un vídeo resumo do día de hoxe.

 

Seguimos creando experiencias no noso alumnado. GRAZAS A TOD@S @S QUE FACEDES POSIBLE ESTAS ACTIVIDADES.

Unindo a comunidade educativa

A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita de Carolina, que é a mamá dunha alumna de 5º de Educación Primaria que veu ao cole a contarlles cousiñas do seu país de orixe, Venezuela, xa que o están a traballar para o proxecto de biblioteca, Cipriano Polo Mundo. 

É unha experiencia incríble poder contar coas familias para enriquecer a nosa comunidade educativa. Esta semana seguimos coas visitas.

Pincha no enlace para ver un pequeno resumo da súa visita. Moitísimas grazas Carolina!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut