Skip to Content

ACTIVIDADES EDUCACIÓN A DISTANCIA

Aquí teremos acceso ás actividades que titores e especialistas irán colgando

ACCESO AULA VIRTUAL. Instruccións

FALEMOS COMO GALEGOS!!!! LETRAS GALEGAS 2020

Dende novembro levamos producindo este vídeo coordinado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Actividades Complementarias, xunto con todos os profes  e alumnado do centro. Ainda que quedaban unhas tomas por gravar, finalmente lanzamos o noso pequeno proxecto.

Grazas en especial Iago Martínez de 6º polo seu papel como presentador e a Daniel Irimia, actor do anuncio do Gadis, por facer este "cameo".

 

 

Piollos no centro!

Estimadas familias,                                                                                                       

Queremos informarlles que recentemente detectamos algún caso de piollos no noso centro.

Os piollos son parásitos que habitan exclusivamente na cabeza humana e se contaxian moi facilmente por contacto directo. Para manter o brote baixo control pedimos a vosa colaboración e recomendamos que sigan as seguintes recomendacións:

 Tratamento

Si detectamos piollos o primeiro paso é non alarmarse e tranquilizarse. Os piollos afectan a persoas de calquera idade aínda que son os nenos/as, polos seus hábitos, os que maior risco de contaxio teñen. A súa presenza non está relacionada coa suciedade polo que se trata simplemente de prepararse para afrontalo con naturalidade.

Un tratamento pediculicida eficaz baséase en tres pasos básicos:

1 Eliminar os piollos: Aplicar a loción antipiollos sobre o pelo seco seguindo as instrucións do produto detidamente.

2 Retirar piollos e lendres mortas: Recoméndase o uso dunha lendreira ou peite de púas estreitas. Ademais existen produtos especificamente para facilitar a eliminación mecánica a base de ingredentes que disolven a sustancia que fai que as lendres resulten tan difíciles de extraer.

3 Protexer de novos contaxios. Unha vez realizados os pasos anteriores, recoméndase utilizar un produto repelente sempre que exista risco de contaxio.

IMPORTANTE: Ningún produto elimina  100% as lendres. Por iso recoméndase repetir o tratamento ao cabo de 7-10 días, tempo de incubación necesario para que os ovos eclosionen e se convertan en piollos.

Recomendacións

-  Evita o intercambio de cepillos, peites, bufandas, gorras e toallas mentres exista risco de contaxio. -  Se ten o pelo largo é mellor que o leve recollido, co pescozo despexado é máis difícil que volva a ter piollos.

 -  Lava todos os obxectos que tiveran contacto coa cabeza con auga ben quente.

 -  E lembra que avisando a teu entorno axudarás a previr o contaxio doutros nenos/as.

Grazas pola vosa colaboración.

Dia Contra a Violencia de Xénero

Día adicado ao mar en Foz: Surf, Kaiak, SUP, sendeirismo, vela...

O pasado venres, 21 de setembro participacos co alumnado de 3º a 6º de primaria na actividade de MARES DE CULTURA. 

Ainda que o tempo non nos acompañou, poidemos disfrutar destas actividades e coñecer de cerca deportes que están relacionados cos espazos naturáis que nos ofrece a nosa costa. 

No seguinte enlace podedes ver a crónica do noso día.

Un saúdo

http://maresdecultura.es/comeza-mares-de-cultura-co-ceip-peninsula-da-paz/

 

VISITA CASTRO VILADONGA

O vindeiro luns 5 de marzo iremos de excursión. Visitaremos o Castro de Viladonga. Iremos 3º,4º,5ºe 6º de primaria.

Esperamos que o tempo nos de un respiro!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut