Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Durante o mes de novembro terá lugar no CEIP Península da Paz a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

Segundo o Decreto 92/1988 do 28 de abril e a  Resolución do 29 de setembro de 2022, establécese o calendario para a renovación parcial dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

No CEIP Península da Paz, correspóndenos renovar unha/un nai/pai e tres mestras/es. O venres, 28 de outubro, celebrouse sorteo público para a constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso.

O vindeiro 3 de novembro procederase á constitución da mesma e irase publicando toda a información relacionada.

Dende o Centro,animamos ás familias a formar parte do Consello Escolar, órgano que permite a conexión do centro coas familias.

Samaín 28 de outubro de 2022

Pincha nas imaxes para acceder aos contidos

 

SERVIZO COMEDOR: Menú NOVEMBRO 2022

Presentamos no documento adxunto o menú correspondente ao mes de NOVEMBRO 2022.

INAUGURACIÓN DA BIBLIO DE CIPRIANO

Por fin chegou o día, hoxe 24 de outubro, coincidindo co día de Bibliotecas Escolares, Cipriano volver a abrir as súas portas. Ao longo desta semana, todos os cursos do cole visitarán a biblio para coñecer a súa distribución, recibir os carnets e recoller propostas de mellora. 

Por fin chegou o día, hoxe 24 de outubro, coincidindo co día de Bibliotecas Escolares, Cipriano volver a abrir as súas portas. Ao longo desta semana, todos os cursos do cole visitarán a biblio para coñecer a súa distribución, recibir os carnets e recoller propostas de mellora. 

Cipriano xa vos espera coas mans ben abertas.

COMEZAMOS!!

VALE ADICIONAL PARA MATERIAL ESCOLAR

As familias beneficiarias (alumnado E. Primaria) do vale inicial de material escolar (50 € e xa recollido) poderán recoller no centro educativo un vale adicional de 25 € a partir do martes 18 de outubro. Máis información no enlace adxunto ou no propio centro educativo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0001_gl.pdf

A VOLTA DE CIPRIANO

Ola!! Cipriano xa está de volta, e ven con moitas cousiñas para amosarnos. Aínda que a nosa biblio non abre as súas portas ata finais de outubro, Cipriano preparou un vídeo para introducirnos no tema do noso proxecto de centro. Danos moitas pistas, sobre qué traballaremos este curso? 

SERVIZO COMEDOR: Menú OUTUBRO 2022

Presentamos no documento adxunto o menú correspondente ao mes de OUTUBRO 2022.

RECREOS DIFERENTES

Recreos Diferentes

 

Estimadas familias;

Pouco a pouco imos retomando actividades prepandémicas. Por tanto comprácenos anunciar que retomamos a organización de recreos con algunha que outra variación.

A diario os nosos pequenos poderán disfrutar dos espazos de lecer que estarán organizados da seguinte forma:

 

-   Zona Baile: Nas gradas e laterais da pista poderán seguir con bailes e coreografías con distintas seleccións musicais. As listas de reprodución adaptaranse á festividade ou proxecto de centro.

 

-     Zona de xogos de patio: Brillé, xogo da pedra, combas, pano, chapas, vampiro… As zonas que rodean a pista poderanse adicar a diario a estes e outro xogos.

 

-   Patio de Infantil: Temos motos, patíns e bicis de iniciación.  Na pista temos pintado un circuito de Educación Vial no que poderán practicar coma futuros condutores e peóns. Luns e venres serán os recreos sobre rodas. O resto dos días disporán de pelotas.

 

-   

Sistema de préstamo de material de Educación Física: O patio converterémolo en moitas ocasións nunha extensión da sesión de EF. Por exemplo: se o grupo de 2º de primaria está con unha Unidade Didáctica de Discos Voadores, poderán sacar o material do pavillón para practicar nos recreos. Incluso poderán practicar na casa con un sistema de préstamo similar ao da biblioteca.

 

Organización da pista central do patio de primaria:

 

Luns e mércores, fútbol: Atendendo a demanda dos máis futboleros, reservamos a pista central para que sigan cos seus torneos.

 

Martes e Xoves,  baloncesto. Nestes días repartiremos pelotas de baloncesto, 2 por canastra

 

Venres,día de patinaxe: Os venres poderán traer os seus patíns. Se vides no transporte non poderedes traes monopatins tipo scooter salvo que sexan plegables.

A maiores o centro dispón de 6 patíns que deixaremos ao noso alumnado

No patio poderedes ver unha táboa que resume a distribución de espazos.

 

A BIBLIO DE CIPRIANO - HORA DE LER

Unha ano mais Cipriano estará con nós durante este curso que acaba de comezar. Temos como novidade nos nosos horarios a Hora de Ler, a que adicaremos a fomentar a lectura. Cipriano déixanos esta primeira nota, xa que para a semana comezamos. 

SERVIZO COMEDOR: Menú SETEMBRO 2022

Presentamos no documento adxunto o menú correspondente ao mes de SETEMBRO 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut