Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

Semana das matemáticas

A semana pasada celebramos a SEMANA DAS MATEMÁTICAS na nosa biblio de Cipriano. Acudiron todas as aulas do cole, tanto de infantil coma de primaria para facer xogos de mesa de matemáticas e así repasar contidos de dita materia. Pasámolo xenial!!!

SERVIZO DE COMEDOR: Menú mes de MAIO de 2023

Achegamos no documento adxunto o menú correspondente ao mes de MAIO 2023

Inauguración Recuncho de Familias

O vindeiro luns 15 de maio, coincidindo co día das familias, ás 18.00h imos inaugurar o noso novo RECUNCHO DE FAMILIAS. Nel poderedes atopar libros de información que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

No acto inauguración, recibiredes toda a información necesaria sobre este recuncho así como os carnets para aquelas familias que ao comezo de curso quixeron facerse socias da nosa Biblio de Cipriano. 

 

Deixámosvos o tríptico para máis información. 

Contacontos

A semana pasada tivemos a sorte de contar cun contacontos para todo o alumnado do centro. Fixo que o propio alumnado fora o protagonista das diferentes aventuras que foron surxindo. Pasámolo xenial, tanto os pequenos coma os maiores. Deixámosvos un pequeno vídeo de resumo.

 

AMARIÑA STREET GAMES. II EDICIÓN DE EF NA RÚA EN SAN CIBRAO.

Onte en San Cibrao, máis de 400 alumnos de toda a Mariña Lucense disfrutaron de unha xornada adicada aos "Sreet games". Poideron practicar, fútbol praia, break dance, comba, basket 3x3, fúbol freestyle, chase tag, skate, parkour, slackline e balance board. 

Contamos coa colaboración da Consellería (XOGADE), Concello de Cervo, HOLAOLA e Evaristo no Skate Park , Anxo e Artur na estación de brake dance, xogadores do Buresa FS nas de fútbol e o alumnado de TAFAD de o IES Monte castelo. 

A actividade foi organizada polo SEF (Seminario de EF da Mariña) agrupación de mestres que levamos traballando xuntos dende o 2017. 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Saíu a convocatoria de becas e axudas para o alumnado con NEAE do Ministerioa para o curso 23/24. O prazo para a solicitude será entre o 8 de maio e o 20 de setembro.

Para máis info entrade nos seguintes enlaces:

Tipos de ayudas y becas. 

Normativa.

 

Lendo na vila, onde les ti?

Seguindo co noso proxecto de centro e baixo o lema "Lendo na vila, onde les ti?", o noso alumnado escolleu diferenetes recunchos do noso pobo para mostrarnos os seus libros favoritos. Desta maneira conmemoramos o Día do libro. Recoñeces todos os lugares?

Nunca deixedes de ler!!

Ioga no Península Da Paz

Mañá, día 21 de abril, contaremos coa presenza dunha monitora de ioga que realizará unhas sesións con todo o noso alumnado. Esta actividade está encadrada dentro dos Contratos-Programa, e máis concretamente no Emocióna-t. 

 

Día do libro 2023

Entramos na semana da conmemoración do día do libro, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de abril. Tendo presente o noso proxecto de centro de Cipriano na Península Da Paz animámosvos a realizar a seguinte actividade:

 

Animádevos a participar, xa que cantas máis fotos recibamos, máis recunchos do noso pobo coñeceremos. Queremos que tod@s e cada un/unha de vós nos recomendedes un libro.

Lembrade temos ata o vindeiro domingo 23 de abril para enviar as fotografías ao correo abibliodecipriano@gmail.com

Moitas grazas!!

 

SERVIZO DE COMEDOR: Mes de ABRIL de 2023

Achegamos  o menú correspondente ao mes de ABRIL 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut