Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio

O CEIP de Pazos de Reis en Ponte...nas ondas! 2014

Escoitade o programa co que participamos na edición nº20 de Ponte...nas ondas!. Adicámolo ao libro-disco "Rosalía Pequeniña" da cantante Uxía, á que entrevistamos.

 

A idea orixinal, o guión e a locución correu a cargo dos nenos e nenas de 5º, acompañados da súa mestra, Rita. 

Contamos coas colaboracións do CEIP As Covas, de Meaño, e Nº2 de Tui. 

Emitimos dende os estudos da Radio Muncipal de Tui, onde nos acompañou Jose Font, e tivemos no control a Javier Martínez. 

O noso agradecemento para todos e todas. 


22:28 minutes (20.57 MB)

Entrevista completa a Uxía - Maio 2014

En representación dos nenos e nenas da aula de 5º, Alba Martínez, Clara, Rocío e Alba De Marcos realizan esta completa entrevista a Uxía na que fan un repaso pola súa vida e a súa carreira musical, parándose especialmente no libro-disco Rosalía Pequeniña, publicado no 2013 pola editorial Galaxia.

                                   


30:36 minutes (28.02 MB)

Progr1: Pazos de Reis- Tui (06/11) – CUENTOS PARA JUGAR

TÍTULO:  Cuentos para jugar

AUTOR: Gianni Rodari

EDITORIAL: Alfaguara Infantil

 

RESUMO: "Cuentos para jugar" é un libro que recolle 21 contos un pouco especiais  pois teñen 3 finais diferentes cada un. Moitos transcorren en cidades de Italia, xa que o autor naceu alí. É moi divertido ler contos cun final pero lelos con 3 é ainda mellor, ou tamén podemos xogar a inventar un nós mesmos.

Se queren pasalo ben, lean este divertido libro.


7:51 minutes (7.18 MB)

Progr2: As Covas, Meaño (13/11) – CONTATRÁS

TÍTULO:  Contatrás

AUTORA: Paula Carballeira

ILUSTRADOR: X. Carlos Hidalgo

EDITORIAL: Edicións Positivas

COMENTARIO: Os nenos e nenas de 5º curso do CEIP As Covas neste primeiro programa do curso preséntannos a Paula Carballeira, lennos algúns poemas dela e anímannos  a ler un libro de poesías que contan historias: "Animámosvos a que merquedes ou pidades na biblioteca do voso colexio "Contatrás" de Paula Carballeira" 

 


8:32 minutes (3.9 MB)

Progr3: CEIP N2 - Tui (20/11) – ME LLAMO JOHN LENNON

TÍTULO:   Me llamo Jonh  Lennon

EDITORIAL: Parramón

AUTORA:  Carmen Gil

ILUSTRADORA: Luisa Vera

RESUMO:

   Este libro pertence a una colección de libros  que contan a biografía de moitos personaxes famosos. Este que nos presentaron os compañeiros de 6º do CEIP Nº 2 de Tui, está dedicado á vida e obra do cantante Jonh  Lennon.

 

   Naceu no ano 1940 en  Liverpool ( Inglaterra) e formou parte do grupo The Beatles,  que tan famoso foi en todo o mundo a partires dos anos 60. A muller que máis influíu  na súa vida foi  Yoko Ono. Morreu asasinado en  1980 en Nova York, cando contaba só 40 anos.


6:00 minutes (10.99 MB)

Progr4: Vicente Risco - Vigo (27/11) – EL TESORO DE BARRACUDA

TÍTULO:  El tesoro de Barracuda

AUTORA: LLanos Campos Martínez

ILUSTRADORA: Júlia Sardà

EDITORIAL : SM

RESUMO:  Conta a historia  dun grupo de piratas que saen en busca dun tesouro escondido. O pirata Barracuda é o que ten máis ganas de atopalo e ten pensado  facer o que faga falta para conseguilo. O problema vén despois: o tesouro  non era nin ouro nin xoias, era…UN LIBRO!.

 

Pero ese era o peor tesouro para un pirata, xa que ningún sabe ler. Ao final , todos tiñan tanta curiosidade que decidiron aprender a ler. A pregunta é: conseguirán por fin ler o libro? Se o queredes saber tedes que ler este libro que  gañou o Premio  de Literatura Infantil EL BARCO DE VAPOR 2014. 


4:44 minutes (4.34 MB)

Progr5: Chancelas - Poio (04/12) – SOBRE O MEDO

TÍTULO: Unha viaxe de medo

VARIOS AUTORES/AS: Os nenos e nenas do CEIP de Chancelas

TEMA COMÚN: O medo

Os compañeiros do cole de Chancelas, en Poio, fixeron desta vez un programa moi especial no que nos  recomendan un libro de medo que ten moitos  autores e autoras: TÓDOLOS ALUMNOS-AS DO SEU COLE.  Escolleron un tema, leron algúns  libros de medo ( “ A figueira de pelos tortos” de Ana G. Castellano , “Pesadilla de una noche de verano” de Carlos Puerto) e despois  decidíronse e escribiron  un precioso libro colectivo DE MEEEEDOOOOOO…

Neste programa cóntannos o seu libro e convídannos a ler libros de medo.


8:03 minutes (7.38 MB)

Progr6: As Covas- Meaño (11/12) – MI PINGÜINO OSVALDO

TÍTULO:  Mi pingüino Osvaldo

AUTORA: Elisabeth Cody Kimmel

ILUSTRADOR: H. B. Lewis

EDITORIAL: Kókinos

 

RESUMO:  Este é un conto de inverno para os máis pequenos. Conta a historia de Juan, un neno que cada ano pide cousas un pouco especiais aos Reis Magos  e non consigue  que llas traian.  E para seguir nesa liña, este ano pide un pingüín de verdade e... , sorpresaaa!! Tráenllo!. Claro, os problemas chegan despois, porque o  pingüín ten que comer, hai que limpalo … Bueno, lede este libro e xa veredes o que pasa. 


7:03 minutes (6.45 MB)

Progr7: Pazos de Reis- Tui (18/12) – PROGRAMA COLECTIVO DE NADAL

Este é o primeiro programa colectivo do curso 2014-2015. Nesta ocasión o alumnado de Infantil, 1º, 3º e 6º de Primaria foi o encargado de  escoller as lecturas e gravar as súas recomendacións. Estes son os libros que escolleron; se premedes na imaxe levaravos a un documento con máis información sobre eles.

Escoitade o programa e veredes o ben que  o fixeron. 

BO NADAL


10:38 minutes (9.74 MB)

Progr8: Sobrada - Tomiño (08/01) – A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ


TÍTULO
: A nai da nai da miña mamá.                                                     

AUTORA: Alexandra Schmidt Urzua

ILUSTRADORA: Mª José Olavarría Madariaga    

 EDITORIAL: Hércules edicións.

RESUMO:

Este libro está repartido en 2 partes, unha é a historia da nena e outra, a historia da bisavoa.

A bisavoa da nena, conta que á súa bisneta encántalle pasar o tempo con ela e sobre todo entreterse coas súas historias románticas.

Alexandra escribiu este libro adicado ás memorias dunha das súas avoas falecidas.

 

Este libro tamén ten unhas ilustracións moi especiais porque expresan moitos sentimentos, son de María José Olavarría Madariaga     


6:01 minutes (5.51 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut