Trátase dunha historia que dá moita risa. Jorge e Berto métense nun lío do máis pringoso que fai que a clase de primaria na que están se poña a ferver, coma un volcán a punto de estoupar, e o lumbreras do grupo queira converterse nun neno biónico para poder librarse de Jorge e Berto.
O libro trata dun neno cego que se chama “Ojo de Nube”.
Neste libro todas as persoas falan no idioma dos indios. Uns homes brancos queren invadir os pobos e “Ojo de nube”, que é un neno invidente, é capaz de evitalo. Os negros chaman aos brancos “Mala Cosa” por todo o que lles fan. Tamén conta a vida en África e o respeto que lle teñen os que viven alí á Natureza.
É un neno que facía maxia, chamábase BIEITO. Pero a súa familia non o podía dicir porque din que os que fan maxia fan bruxería. É que esta historia pasa na Idade Media.
Desenvólvese en Tui, na nosa cidade, por iso ao lelo recoñecemos algúns lugares: a catedral , a parte antiga, o río Miño …
RESUMO: Trátase dun libro de misterio no que as pistas para resolvelo están relacionadas coa música.
A conclusión dos nenos e nenas de Chancelas é a de que “Todos cun pouquiño de ganas e empeño podemos entender e disfrutar da música: escoitando, interpretando e compoñendo”.
Un programa moi interesante que inclúe 1 peza de composición na escola: unha peza para vaso, mesa e boli con percusión corporal; unha xoia.
Non deixedes de escoitalo nin de ler este libro tan inspirador.
RESUMO: A historia está baseada en feitos reais. Os vertidos radiactivos desta historia poden matar a moitísimos animais e persoas.
A historia trata de que hai moitos anos algúns países tiraron os vertidos radiactivos ao mar para desfacérense deles; un día unha nena chamada Alba viu no mar algo que brillaba e eran… flores radiactivas!!
Neste programa os nenos e nenas de 6º do CEIP As Covas – Meaño aproveitan para se despediren desta actividade de radio xa que no vindeiro curso estarán no instituto. Que vos vaia moi ben!
As escolas participantes neste proxecto de recomendación de libros que vimos desenvolvendo dende hai xa 6 cursos despídense neste programa ata o curso 2014- 2015. Bo verán!