Biblioteca

Apertura da biblioteca

Letras Galegas 2023

Esta semana está adicada a nosa lingua, coa celebración do día das letras galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego

Clicando en ler máis, poderedes aceder a diferentes recursos para celebrar a nosa lingua fermosa!

Proxecto: Os dinosauros en infantil

As dúas aulas de educación infantil  tiveron unha actividade moi lúdica para ir poñendo fin ao seu proxecto de dinosauros.

Realizamos unha entrevista a uns paleontólogos da universidade danesa de Aarhus.

Responderon moi amablemente a todas as nosas preguntas.

Dinosauros

Moitas grazas a todo o seu equipo!

Día de Rosalía

Polo Día de Rosalía, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, propuxémoslle ao alumnado investigar sobre a vida de Rosalía de Castro. Neste vídeo podedes ver o resultado. 

Aprendemos a usar a radio

No día de hoxe, Ponte... nas Ondas estivo ensinándonos, tanto ao alumnado de 5º EP como ao profesorado, a usar a radio escolar.

Foi unha gran experiencia!

Busca os recursos da biblioteca a través do OPAC Meiga.

Se estás buscando algún libro, cd, dvd, xogo... concreto. Podes consultar no catálogo da nosa biblioteca se o hai e levalo emprestado para casa. É moi fácil! Aquí queda unha guía coa explicación.

 

 

 

RECOMENDACIÓNS POLO NADAL

Dende a biblioteca propomos algúns titulos para poder ler no Nadal. Esperamos que vos gusten!

Powered by Drupal - Design by artinet