Biblioteca

Proxecto "EU"

O alumnado de Infantil 1 estivo investigando sobre o corpo humano durante este 1º trimestre. Aquí podedes ver unha das actividades que fixeron en Polos Creativos.

Obradoiro de Nadal

Neste 1º trimestre imos realizar na biblioteca un obradoiro creativo con 1º e 2º de Educación Primaria, tendo de apoio o libro "Creactividades de Nadal" de Blanca Millán.

II Feira da Ciencia

O xoves 30 de novembro, celebramos a II edición da Feira da Ciencia do cole.

Cada aula presentou un experimento relacionado coa cociña. Puidemos ver experimentos relacionados co leite, cos ovos, coa auga, co aceite e, cómo non, coas chuches!

Álbum: Curso 2023-2024 -> II Feira da Ciencia

Vota o menú de Nadal!

O alumnado do noso colexio estivo investigando sobre pratos saudables que lles apeteza comer no último día de clase deste 1º trimestre. Nunhas horas imos colocar os menús xunto a urna para que voten.

Nos próximos días coñeceremos o menú gañador! Poderedes lelo no menú do mes de decembro.

 

MENÚ DE NADAL

NOTICIA!! Hoxe apareceu en cada aula este cartel. Con que menús nos sorprenderá o alumnado?

Día da Ciencia: Toupiciencia

Novembro é o mes da ciencia en galego, e os nosos amigos de Toupiciencia queren compartir con toda a comunidade educativa os seguintes recursos:

Clica en "Leer máis" para descarregar "O libro da toupiciencia". 

Enchendo a biblioteca de historias

 

Aquí atopamos algunhas das nosas alumnas lendo as historias de medo creadas polo alumnado.


 

Powered by Drupal - Design by artinet