Biblioteca

"Decoramos madalenas"

O alumnado de 2º de Educación Primaria fixo un obradoiro de "decoración" comestible de madalenas!

Novos carteis na biblioteca histórica!

Estivemos renovando os carteis da biblioteca histórica cos nosos grandes recursos da aula de Polos Creativos! Pasamos dunhas letras de cartolina xa dobradas co tempo... A estes listóns con vinilo!

Facemos arte a través da fotografía

O alumnado de 6º de Educaión Primaria estivo traballando a arte cos alimentos a través da fotografía. Aquí podedes ver as súas magníficas fotos!

Día Internacional da Muller

O alumnado estivo investigando sobre mulleres deportistas. Aqui atoparedes parte da exposición dos seus traballos.

Semana da Prensa

Unha das actividades que se promoven, durante esta semana da prensa, consiste en dotar as bibliotecas de aula de xornais.

Proxecto "Exploradores del universo".

O alumnado de Infantil 2 está investigando moito sobre o universo.

A galiña no proxecto "Animais da casa".

O alumnado de Infantil 1, dentro do seu proxecto "Animais da casa", investigou moito sobre as galiñas. Cal será o seguinte animal que investiguen?

Día de Rosalía

 

O día de Rosalía celébrase tal día coma hoxe, 23 de febreiro, e para conmemorar a esta escritora fíxose unha exposición de libros sobre ela e cada aula traballou coa súa poesía a nivel xeral e a nivel concreto o "caldo de Rosalía".

Arcimboldo en Educación Infantil

O alumnado de Infantil 2 investigou sobre Giuseppe Arcimboldo e como resultado final fixeron a súa propia obra de arte!

Día da muller e a nena na ciencia

Para conmemorar o día da muller e a nena na ciencia, dende o Equipo de Biblioteca queremos compartir con toda a comunidade educativo o seguinte libro elaborado pola Universidade de Vigo.

Clicade na imaxe para ler o libro:

E ti, que científicas coñeces?

Maís información en: EXXPERIMENTA EN FEMININO

Powered by Drupal - Design by artinet