Biblioteca

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Sacamos os libros da biblioteca para crear unha exposición de libros relacionados con mulleres científicas. Calquera persoa da nosa comunidade educativa pode vir collelos para investigar sobre elas!

Reto: arte na que estean presentes os alimentos.

Un dos retos deste 2º trimestre é crear arte na que estean presentes os alimentos. De xeito que creamos unha exposición de libros relacionados co tema para que todo o centro poida ir buscalos cando queira e investigue.

Proxecto "EU"

O alumnado de Infantil 1 estivo investigando sobre o corpo humano durante este 1º trimestre. Aquí podedes ver unha das actividades que fixeron en Polos Creativos.

Obradoiro de Nadal

Neste 1º trimestre imos realizar na biblioteca un obradoiro creativo con 1º e 2º de Educación Primaria, tendo de apoio o libro "Creactividades de Nadal" de Blanca Millán.

II Feira da Ciencia

O xoves 30 de novembro, celebramos a II edición da Feira da Ciencia do cole.

Cada aula presentou un experimento relacionado coa cociña. Puidemos ver experimentos relacionados co leite, cos ovos, coa auga, co aceite e, cómo non, coas chuches!

Álbum: Curso 2023-2024 -> II Feira da Ciencia

Vota o menú de Nadal!

O alumnado do noso colexio estivo investigando sobre pratos saudables que lles apeteza comer no último día de clase deste 1º trimestre. Nunhas horas imos colocar os menús xunto a urna para que voten.

Nos próximos días coñeceremos o menú gañador! Poderedes lelo no menú do mes de decembro.

 

MENÚ DE NADAL

NOTICIA!! Hoxe apareceu en cada aula este cartel. Con que menús nos sorprenderá o alumnado?

Powered by Drupal - Design by artinet