Biblioteca

Día do libro 2020

Hoxe celebramos o día do libro e queremos convidarvos a ler moitos libros. para que neste tempo de confinamento poidades deixar voar a vosa imaxinación indo a lugares diferentes sen saír da casa. 

 

 Deixámosvos aquí un vídeoconto 

SE NON ARRANCA O VÍDEO PICA AQUÍ 

 Se vos gustan os marcapáxinas quédanvos aquí uns exemplos para imprimir, pero tamén podedes facer unha copia e crear o voso modelo coa persoaxe do voso libro favorito. 

 PICA NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

 PARA ACCEDER Á PÁXINA PICA NA IMAXE

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

REVISTA O PAPAGAIO

Deixámosvos aquí a revista O PAPAGAIO, suscribímonos a esta revista para tela na biblioteca en formato impreso, pero debido as actuais circunstancias mandáronola en formato dixital para que a poidan ler os rapaces e rapazas dende a casa. Agardamos que vos guste.

 

 PICADE SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á REVISTA

 

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA

 

Por fin chegou o momento que todos estabamos agardando dende que comezou o curso. Inauguramos a nosa bibioteca cunha imaxe moi diferente. Os rapaces e rapazas quedaron marabillados co seu novo aspecto. 

    

 

Formación de usuarios para a nova biblioteca do noso colexio

No centro levamos a cabo unhas sesións de formación de usuarios para que os rapaces e rapazas se orienten na nosa biblioteca nova. Unhas sesións leváronse a cabo coa axuda do alumnado de 6º de primaria e noutras estiveron os/as titores/as cos seus grupos. 

                                               

Para ver máis fotos picade AQUÍ

VISITA DE MARÍA CANOSA - ESCRITORA - TALLER DE ESCRITURA CREATIVA

O martes 3 de decembro tivemos os nenos e nenas de 6º de primaria a sorte de recibir un TALLER DE ESCRITURA CREATIVA a mans da escritora María Canosa. 

 

Aprendemos un xeito novo de facer historias que nos sorprendeu a todos e a todas e ela deunos un moi bo consello: "que saían do noso corazón...que poñamos o corazón en todo o que fagamos e así sairán cousas fermosas e únicas."

 

Moitas grazas María pola túa visita e os teus consellos!

 

 

Para ver máis fotos pica AQUÍ

1º CONTACONTOS DO CURSO CON LAURA FERNÁNDEZ

O martes tivemos dúas sesións de Contacontos a cargo de Laura Fernández. Ela veunos visitar para contarlles moitos contos aos nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de primaria. 

Encantounos a súa visita. Pasámolo xenial escoitando e vendo como se meteu nos papeis de cada conto. 

 MOITAS GRAZAS POLA VISITA LAURA

      

Para ver máis fotos pica AQUÍ

 

Esta actividade contou coa colaboración da ANPA do colexio e do Concello de As Neves 

 

A BIBLIOPATIO

Comezamos unha nova expereincia!

A bibliopatio!

Mentres a nosa biblioteca se está reorganizando desfruta o noso alumnado dos libros no patio. Posto que para gozar da lectura todos os espazos son estupendos e que mellor que facelo tamén ao aire libre cando o tempo está bo. 

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet