Biblioteca

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA DO ALUMNADO DE 6ºB

 

No seguinte vídeo podemos ver as recomendacións dos libros da biblioteca que realiza o alumnado de 6ºB  

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este curso o día das Letras Galegas estivo adicado a XELA ARIAS. En todas as aulas se traballou sobre a súa vida e a súa obra e na Biblioteca expuxéronse libros tanto escritos por ela coma traducidos. 

Déixamosvos unhas imaxes na que se pode ver a caricatura de Xela Arias decorada de distintas maneiras para decorar as portas, corchos e a entrada do colexio. 

 

VER EN PANTALLA COMPLETA

FEIRA DO LIBRO NO COLE E NO CONCELLO

Polo Día do Libro celebramos unha feira do libro no noso centro. Cada neno/a puido coller ata 3 libros para levar as súas casas. Tamén colaboramos na feira organizada polo concello, tendo o noso propio posto de libros.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!

RECREOS NA BIBLIOTECA

Este curso 2020-2021, dado as circunstancias que estamos vivindo, os recreos na biblioteca son distintos. Este ano cada día é para unha aula e sempre respectando o aforo. Nesta imaxe, podemos ver un par de alumnos/as desfrutando deses recreos, nun dos recunchos de lectura.

O NOSO ALUMNADO PARTICIPANDO NO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Aquí deixamos un par de fotografías do alumnado participando no mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Moitas grazas pola vosa implicación!

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Para buscar un experimento que poidas facer, propoñémosche estas opcións:

 

1. Buscar un libro na BIBLIOTECA. Neste ENLACE podes ver os libros que temos  

 

2. Acceder ao noso SYMBALOO, onde tes moitos enlaces para buscar o teu experimento favorito. 

 

Na seguinte  FOLLA DE REXISTRO podes anotar o teu experimento para entregala no colexio. 

CONCURSO RELATO CURTO

Dende a biblioteca propoñesvos un concurso de relato curto, para celebrar o día das Bibliotecas que é o día 24 de outubro.

Déixamosvos aquí o cartel da convocatoria. Agardamos os vosos relatos que seguro serán magníficos.

ÁNIMO!

 

Temos gañadora 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS O SEU RELATO PARA QUE POIDADES LELO. 

Powered by Drupal - Design by artinet