becas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 24-25

Convocada a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou da sede electrónica de Galicia (https://sede.xunta.gal/ )

Tamén se poderá solicitar o Anexo I e Anexo II por correo electrónico (ceip.parroco.doncamilo@edu.xunta.gal ) e será enviado a través dos alumnos

Horario de entrega presencial:

Luns e mércores  de 9.00 h a 10.00 h.

Martes de 17.30 a 18.30 h.

Venres de 10.00 a 11.00 h

Recordamos que as solicitudes de fondo de libros e axudas libros tamén se poden entregar a través dos alumnos. O prazo rematará o 21 de xuño

 

( categories: )

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24


Prazo de presentación: do 8 de maio ata o 20 de setembro do 2023

(Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día)

Atendendo á publicación no BOE poderá solicitar as axudas "o alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderá solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

"Esta convocatoria inclúe como novidade un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros (...), que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas." Esta axuda diríxese ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Os umbrais de renda e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet.
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: 
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.
Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a,  e de se-lo caso, diagnóstico médico do Sergas,certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa). 
Poden comprobar a documentación requerida no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

( categories: )
Distribuir contido