PREVENCIÓN DE RISCOS NO USO DAS PANTALLAS

O Departamento de orientación do noso centro achega para información das familias unha folla explicativa sobre a prevención dos riscos nos usos das pantallas. Podedes acceder á mesma abrindo o adxunto.

( categories: )

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 23/24 RENOVADA

Detectado un erro  nos libros de 2º primaria, publicamos de novo  a listaxe completa

( categories: )

NORMAS DO CENTRO CURSO 2023/24

Publicamos as normas do centro para este curso 2023/24. consultádeas no adxunto.

( categories: )

CALENDARIO DAS XUNTANZAS DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS. 2023/24

Publicamos as datas e horario das xuntanzas de principio de curso coas familias no presente curso 23/24

( categories: )

CALENDARIO DE ADAPTACIÓN DE 3 ANOS PARA O CURSO 2023/24

Publicamos o calendario de adaptación para o presente curso 2023/24. Consultádeo no adxunto.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2O23-24

Convocada a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou da sede electrónica de Galicia (https://sede.xunta.gal/ )

Tamén se poderá solicitar o Anexo I e Anexo II por correo electrónico (ceip.parroco.doncamilo@edu.xunta.gal ) e será enviado a través dos alumnos

Horario de entrega presencial: luns, mércores e venres de 9.00 h a 10.00 h. Martes de 17.30 a 18.30 h. Recordamos que as solicitudes de fondo de libros e axudas libros tamén se poden entregar a través dos alumnos. O prazo rematará o 21 de xuño

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24


Prazo de presentación: do 8 de maio ata o 20 de setembro do 2023

(Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día)

Atendendo á publicación no BOE poderá solicitar as axudas "o alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderá solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

"Esta convocatoria inclúe como novidade un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros (...), que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas." Esta axuda diríxese ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Os umbrais de renda e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet.
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: 
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.
Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a,  e de se-lo caso, diagnóstico médico do Sergas,certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa). 
Poden comprobar a documentación requerida no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

( categories: )

ANUNCIO RESERVA DE PRAZA NO IES CORUXO

Comunicamos que todas as solicitudes de reserva de praza de centro adscrito para o curso 2023/2024 teñen praza neste centro.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS:

 - Se presentan unha solicitude no prazo de admisión  teñen que renunciar a praza de centro adscrito do Ies Coruxo antes do 28 de febreiro  (este incluído). 
- A data para realizar a matrícula para 1ºESO  comunicarémola antes do remate do curso escolar e faremos chegar o impreso de matrícula aos centros adscritos.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24

Publicamos toda información e documentos relativos ao proceso de admisión para o curso 2023-24. Podedes ver todo premendo nos adxuntos

( categories: )

TRIPTICO INFORMATIVO ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24

Publicamos o tríptico informativo sobre o noso cole para a admisión para o curso 2023-24. Podedes descargalo no adxunto. 

 

( categories: )

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2023

Enviado por admin o Lun, 16/01/2023 - 12:18

Consultade as datas para coñecer o noso cole dentro do proceso de admisión para o curso 2023-24. Tamén podedes chamar ó teléfono 886 120 222  e informarvos.

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2023

RESERVA DE PRAZA NO IES CORUXO PARA O CURSO 2023-2024

Comunicamos que entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023 está aberto o prazo para facer a reserva no IES CORUXO para 1º da ESO.  Poderase efectuar dita reserva a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/  ou ben entregando os impresos de solicitude no colexio.  Ditos impresos poderán descargalos na páxina web do centro ou solicitalos en secretaría.

PLAN DIXITAL 2022-23

Publicamos o plan dixital para este curso 2022-23

INSTRUCIÓNS COVID CURSO 22-23

Publicamos as instrucións sobre Covid-19 para o curso 22-23

( categories: )

NORMAS DE CENTRO E COMEDOR NO CURSO 2022-23

Publicamos as normas de centro e comedor para o presente curso 2022-23

( categories: )

PROTOCOLO COVID 19 VERSIÓN 20/5/22

Publicamos o último protocolo covid 19 da Consellería coas novidades nas normas de actuación. Podedes acceder ao mesmo na páxina oficial ou consultar o adxunto.

( categories: )

NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E MATRÍCULA DE HONRA.

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE DO 25 DE XANEIRO DO 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Estes criterios atópanse nos documentos que se achegan. Achégase a orde de referencia.

( categories: )

DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Comunicamos as directrices sobre o uso de máscaras. Podedes consultalas no seguinte enlace:

PORTAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

( categories: )

PROTOCOLOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Publicamos os protocolos referidos ás actividades extraescolares para o curso 21-22

( categories: )
Distribuir contido