AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Deixamos o enlace a paxina da Xunta onde aparece toda información relativa as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar publicados o martes 22 de maio.

 

 Orde e anexo I II

 

Adxuntamos instruccións e anexos nos ficheiros adxuntos

Amorodos

Xa comezamos a recolectar os nosos primeiros amorodos no colexio. Como non temos para todos, teremos que ilos desfrutando pouco a pouco a medida que vaian saíndo, eso sí, deben estar bos polas caras de felicidade que teñen os afortunados!

The Very Hungry Caterpillar

Na clase de infantil traballaron o conto da eiruga de Eric Carle e fixeron a súa propia eiruga e bolboreta. Se queredes ver as fotos ide ao blog de inglés.

Correo escolar

Coma tódolos anos co galo das Letras Galegas, facemos un intercambio de correo escolar.

Este ano fixémolo co CEIP Eduardo Pondal e enviamoslle uns marcapáxinas e uns suxeita papeis moi bonitos. Aquí vos poñemos as fotos. 

Esperamos que vos gusten.

Macedonia de primavera

Onte participamos todo o colexio na macedonia de froitas da primavera. Dependendo das clases fixemos diferentes actividades; en primeiro caras coas froitas, en segundo e terceiro batidos, etc.

Mirade as fotos a ver se vos gustan!

 

REciclaxe no paraixal

O Luns 2 de maio os monitores de Vigo Recicla fixeron un taller de reciclaxe na que participaron os nenos de educación primaria

 

Heroes Animados

 
Os nenos e nenas do CEIP Paraixal visitamos o xoves 14 de abril na "Fundación a caixa" a exposición sobre os heroes animados, onde aprendemos un motón de cousas sobre as películas de animación coma "Spirit", "Hotel Transilvania", "Piratas"...
 
Despois fixemos un obradoiro, que ben o pasamos!
 
Aquí deixamos a proba...
 
 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2016/17

Listaxe provisional de admitidos para o vindeiro curso 2016/17.

Plantamos amorodos!

Coa chegada da primavera os nosos nenos e nenas axúdannos a traer ricos froitos para o Paraixa!

Aprendemos as partes dunha planta e o coidado e respecto pola natureza.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet