Skip to Content

AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR curso 2021-2022

Deixamos o enlace a paxina da Xunta onde aparece toda información relativa as axudas para a adquisición dos libros de texto e material escolar publicados o xoves 20 de maio.

orde do 2 de maio

O prazo para presentar solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

A devolución e recollida de libros do curso 2020-2021 realizarse do 21 de xuño ó 25 de xuño. A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

- ANEXO I debidamente Cuberto.

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de educación primaria( infantil non participa)

a) Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificatvos:

  • DNI ou NIE
  • Declaración do imposto sobre as persoas fisicas ou, á falta deste, o certficado tributación de imputacións no exercicio 2019.
  • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia
  • Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

b) Se o solicintante posúe DNI ou NIE:

  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utlizando algún dos seguintes medios:

  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
  • Certifcado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certifcado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certifcado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Ceritfcado acreditatvo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

f) Resolución administratva ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certifcado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certifcado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica

A partir do luns 24 de maio podense ir entregando as solicitudes

Adxuntamos instruccións e anexos nos ficheiros adxuntos

 

AdxuntoTamaño
Instrucións fondolibros 2021-2022.pdf362.57 KB
ANEXO I Y II FONDO LIBROS.pdf1.5 MB


page | by Dr. Radut